Mércores, 21 Outubro 2015 10:54

Seguridade Viaria

Seguridade Viaria

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR CONCRETA MEDIDAS PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA NO CENTRO DE ARCADE

O alcalde, Agustín Reguera, reuniuse co Xefe provincial do Servizo de Infraestruturas da Xunta, Fausto Nuñez, para concretar varias propostas.

A seguridade viaria en Arcade é unha das grandes preocupacións do goberno local de Soutomaior. Para tratar posibles solucións a este tema, o alcalde, Agustín Reguera, reuniuse esta pasada semana co xefe provincial do Servizo de Infraestruturas da Xunta, Fausto Nuñez.

O encontro tiña como obxectivo concretar a construción de varias infraestruturas que incrementen a seguridade de vehículos e peóns, como unha rotonda no cruze de Cochón, varios pasos de peóns elevados e a reforma na pasarela da Montesiña.

O primeiro tema tratado no encontro foi a instalación de catro novos pasos de peóns elevados en dous das vías principais de Arcade, Xose Solla e Calvario. Estes novos pasos de peóns pretenden reducir a velocidade do tráfico rodado en zonas especialmente sensibles como os arredores das paradas dun autobús escolar ou cruces conflitivos. En concreto instalaranse dous pasos elevados na Rúa Calvario e outros dous na Avenida Xosé Solla.

O seguinte tema a tratar na reunión co representante da Xunta era a construción dunha rotonda na intersección entre as rúas Cochón, Xosé Solla e Calvario. Unha medida que ten como obxectivo organizar o tráfico rodado de maneira eficiente e moderar a velocidade dos vehículos neste punto. A proposta foi ben recibida por Nuñez, que se comprometeu a estudala en profundidade ademais de aproveitar o encontro para concretar as actuacións necesarias por parte do Concello para facilitar a futura realización da mellora, como son a reorganización de postes, cableado eléctrico e outros servizos no contorno do cruze.

A última reivindicación que presentou o alcalde de Soutomaior foi a do arranxo e reforma da pasarela de madeira da Montesiña. Unha solicitude que xa foi presentada por escrito hai uns meses e que o rexedor local lembrou novamente. Nuñez, pola súa banda, comprometeuse a realizar un arranxo inmediato que evite a degradación da infraestrutura e unha reforma completa da mesma nun futuro próximo.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, cualificou o encontro como “moi positivo xa que responde as solicitudes de moitos veciños ademais de reforzar as nosas actuacións nun tema de vital importancia como é a seguridade de vehículos e peóns”.

Este encontro súmase aos realizados anteriormente polo goberno local de Soutomaior en busca de melloras para a seguridade viaria, como a reunión no Ministerio de Fomento para concretar unha nova rotonda na entrada de Arcade ou o encontro coa conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, para solicitar melloras viarias e financiamento para a rede de saneamento de Soutomaior.


Publicado en Alcaldía
Visto 2990 veces

Alcaldía

Inaugurada a Academia de Música da Artística de Arcade

Inaugurada a Academia de Música da Artística de Arcade

30-08-2022 / Alcaldía

Rematadas as obras de mantemento, insonorización e renovación da academia de Música da Banda Artística de Arcade, o pasado venres celebrouse a inauguración deste espazo, que luce agora moito mellor do que estaba hai uns meses. No acto non faltou a música, a celebración e as palabras do alcalde que quixo agradecer a importantísima labor de todos/as os músicos e músicas...

A mochila da luz pasa por Arcade escoltada polos maiores de Boas Apertas e por...

A mochila da luz pasa por Arcade escoltada polos maiores de Boas Apertas e por...

20-07-2022 / Alcaldía

A mochila da Luz, unha iniciativa que transporta unha luz acesa ao longo do Camiño de Santiago para homenaxear ás vítimas da pandemia, parou hoxe en Arcade. Un ano máis...

O Concello mantén a súa política de “taxas 0” nas terrazas para apoiar aos hostaleiros

O Concello mantén a súa política de “taxas 0” nas terrazas para apoiar aos hostaleiros

16-06-2022 / Alcaldía

O concello mantense do lado dos hostaleiros locais, que, como vén sendo habitual desde hai anos, non pagan ninguna taxa polas súas terrazas. Esta axuda, que pretende potenciar o sector da...

Soutomaior lócese ante decenas de profesionais do sector turístico congregados no Porto (Portugal)

09-06-2022 / Alcaldía

O alcalde de Soutomaior desprazouse onte ata Vila Nova de Gaia (Portugal) para participar nun evento no WOW Porto. Alí reuniuse con medios, axencias e influencers dedicados ao sector turístico...

Un festival de música; un salón do videoxogo; deporte ao aire libre; unha de obradoiros e moito, moitísimo, máis no programa ‘Hai plan! Soutoverán'

27-05-2022 / Alcaldía

Onte, o alcalde de Soutomaior, e as  concelleiras de  Xuventude e Educación presentaron o programa ‘ Hai Plan!  Soutoverán’. Trátase do programa  xuvenil de Lecer e Tempo Libre deste verán...

Xa está operativa a estación de carga para coches eléctricos do Peirao

29-04-2022 / Alcaldía

O alcalde de Soutomaior,  Agustín Reguera, e o concelleiro de Obras e Vías, Ramón Fernández, achegáronse esta mañá ao Peirao de Arcade, onde xa está en funcionamento a primeira estación...

Reunión ca veciñanza para saber como actuar no improbable caso dun accidente na Presa de Eiras

27-04-2022 / Alcaldía

Onte os veciños de Soutomaior puideron coñecer de primeira man o Plan de  Emerxencia da actual Presa De Eiras. Nun acto celebrado no  Multiúsos de Arcade no que, ademais do...

Varias centenas de persoas acudiron á primeira Feira do Libro de Soutomaior que superou todas as expectativas

25-04-2022 / Alcaldía

Tras semanas anunciándoo, o pasado venres e sábado, a  veciñanza de Soutomaior por fin puido gozar da primeira Feira do Libro que se organiza no Concello. O evento, enfocado principalmente...