Venres, 19 Xaneiro 2018 19:33

Participa na comparsa municipal de Entroido

Participa na comparsa municipal de Entroido

O Concello de Soutomaior abre o prazo para participar na comparsa municipal de entroido e desfilar co resto de comparsas anotadas que se realizará o domingo 18 de febreiro de 2018.

Un ano máis co fin de promover a participación da xente nova e do resto de veciños e veciñas Xuventude convoca un obradoiro de elaboración da comparsa durante o cal as persoas inscritas confeccionarán os disfraces, prepararán a coreografía e tamén a caracterización. Nesta actividade poden participar persoas de todas as idades incluídos os menores de 4 anos que deberán ir acompañados/as dunha persoa adulta durante o desfile. O obradoiro realizarase os días 9,12,14,17 de febreiro en horarios de mañá ou de tarde dependendo do día porque se adaptan ao horario lectivo.

A participación neste obradoiro é de balde e inclúe todos os materiais necesarios para a confección do disfraz. Durante o desfile as persoas inscritas no obradoiro irán acompañadas por animadores/as que dinamizarán o percorrido e o festexo deste Entroido 2018.

O prazo de inscrición remata o 5 de febreiro. As persoas interesadas poderán anotarse na OMIX, TEL. 986700822. As prazas son limitadas.


Publicado en Xuventude
Descargar adjuntos:

18-inscrición-comparsa-municipal-esntroido.pdf (191 Descargas)


Concellería de Xuventude
OMIX

Chega o Nadal! Excursión ó parque temático Perlim

08-11-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior dentro da programación deseñada para este Nadal 2018 organiza para o sábado 15 de decembro unha excursión para visitar o maior parque temático de Nadal situado en Santa Maria da Feira (Portugal). PERLIM é un lugar para soñar e imaxinar, onde os seus habitantes teñen características únicas e máxicas nun espazo que ten un século de existencia...

Samain 2018

09-10-2018 / Xuventude

 O programa municipal de celebración da festa do Samaín deste ano conta con novidades para fomentar a participación da xente nova nesta festa popular galega. O Samaín foi a orixe de todo. En gaélico, Samhain significa «fin do verán», pois os/as antigos/as celtas celebrábano nese momento de transición do estío...

Programa de novos cursos e actividades

08-10-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca novos cursos e actividade para os meses de outubro novembro e decembro. Durante estes meses a Concellería de Xuventude ten programadas diferentes actividades: formativas, lúdicas e de participación xuvenil. Comezamos agora en outubro con cursos como: carnicería con prácticas en empresas, iniciación á internet e...

Resultados de clasificación da ARCADE JAM - Cultura urbana Concello de Soutomaior 2018

19-09-2018 / Xuventude

 Os resultados e clasificación das persoas que participaron na ARCADE JAM, campionato de BMX e SCOOTER, celebrada o sábado 15 de setembro no Peirao de Arcade,  organizada dentro do programa do festival de cultura urbana organizado polo Concello de Soutomaior foron os seguintes: Xuíces: DANIEL FERREIRA ALONSO DIEGO CAMPO OTERO   RESULTADOS MODALIDADE SCCOTER +14 1º...

IV Festival de Cultura Urbana

11-09-2018 / Festival de Cultura Urbana

Remata o prazo para inscribirse nas actividades do IV Festival de Cultura Urbana que organiza o Concello de Soutomaior. Nesta edición contamos cun programa variado de actividades que abarcan desde o campionato de BMX e Scooter ata obradoiros de parkour, graffiti e personalización de gorrar trucker. Todas estas actividades desenvolveránse...

Novas actividades para a xuventude. Prazo aberto ata o 26 de setembro

07-09-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior pon en marcha a programación xuvenil de novas actividades que se iniciarán no mes de outubro: teatro, circo, danza do ventre, bailes latinos, guitarra española, cociña, debuxo e pintura. etc.. Este ano a programación anual conta con dúas novas actividades: a de circo que será unha actividade...

Festiflow

19-07-2018 / Xuventude

O venres 3 de agosto a parir das 19.30 h no Peirao de Arcade terá lugar o F3STIFLOW. O Concello de Soutomaior pon en marcha esta nova proposta de lecer dirixida á mocidade que combina: música, arte e danza contemporánea. O Festiflow recolle a iniciativa dun grupo de DJ de...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva dúas accións voluntarias. A segunda acción voluntaria: imos informar e concienciar coa que se pretende informar e concienciar sobre a...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva dúas accións voluntarias. Este domingo 15 de xullo de 17 a 20 h terá lugar na Ponte Colgante de Soutomaior...

Obradoiro de ecopercusión para o verán: música e reciclaxe.

03-07-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca un obradoiro de ecopercusión dirixido á mocidade para iniciarse no mundo da percusión partindo de elementos de reciclaxe que se convertirán en instrumentos musicais. Con este obradoiro os rapaces experiementarán con elementos como bidóns, caldeiros de pintura, botellas ou latas de conserva co fin de...

Aprazado o festival de cultura urbana do domingo 1 de xullo

29-06-2018 / Xuventude

AVISO IMPORTANTE: FESTIVAL APRAZADO PARA SETEMBRO O Concello de Soutomaior comunica que o festival de cultura urbana que se ía realizar este domingo 1 de xullo e todas as actividades programadas quedan  aprazadas por motivos metereolóxicos. A nova data será no mes de setembro e comunicarase en breve.

Aquagym na praia da Muxeira, Peirao Arcade

28-06-2018 / Xuventude

O martes  3 de xullo comeza a actividade de aquagym  en horario de 18 a 19 h. O Concello de Soutomaior programa esta actividade para o mes de xullo co fin de promover hábitos saudables  na época estival. Combinando descanso e algo de actividade física na auga e dun xeito...

Inscricións no Concurso de karaoke ata o luns 2 de xullo

28-06-2018 / Xuventude

O prazo de inscrición para participar no Concurso de Karaoke estará aberto ata o luns 2 de xullo ás 14 h na OMIX. Tamén se poderán realizar as inscricións EN LIÑA no seguinte enlace: VII Concurso de Karaoke (Inscrición en Liña). O Concurso realizarase o sábado 7 de xullo no Multiusos...

Programa de novos cursos e actividades

Lun 08-Out-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca novos cursos e actividade para os meses de outubro novembro e decembro. Durante estes meses a Concellería de Xuventude ten programadas diferentes actividades: formativas, lúdicas e de participación xuvenil. Comezamos agora en outubro con cursos como: carnicería con prácticas en empresas, iniciación á internet e trámites administrativoa básicos a través da rede, manipulación de alimentos...

LEER MÁIS