Venres, 12 Xaneiro 2018 20:05

Iniciamos 2018 con novas actividades

Iniciamos 2018 con novas actividades

O Concello de Soutomaior convoca novas actividades programadas desde a Concellería de Xuventude dirixidas ao público xuvenil fundamentalmente pero abertas a todas as idades.

Nestre primeiro trimestre do ano despegamos con actividades de formación dirixidas á formación para o emprego e á adquisición de competencias de utilidade para a vida diaria facilmente transferibles aos diferentes ámbitos: persoal, social e laboral. Para a adquisición de titulacións básicas comezamos cun curso de preparación para obter  o título da ESO dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen participar no proceso de probas libres convocado pola Xunta de Galicia. No ámbito social e educativo propoñemos un curso de primeiros auxilios de utilidade para entornos educativos formais e non formais. Máis dirixido á procura de emprego convócase o curso de teleoperado/a de 60 h con prácticas en empresas, para o cal non se esixe ningunha titulación de partida e que pode ser interesante para aprender a desenvolver un posto de traballo que ten bastante demanda. Continuamos co curso de monitor/a de tempo libre de 350 h que vai dirixido a maiores de 18 anos e que tamén é unha formación enfocada ao emprego con alta demanda entre o colectivo xuvenil porque permite compaxinar estudios e emprego no eido do lecer e tempo libre. Ofertamos con en todos os trimestre a posibilidade de obter o carné de manipulación de alimentos, programado para marzo.

Ademais, da proposta formativa neste trimestre tamén abrimos o prazo para inscribirse na comparsa municipal que este ano incorpora cambios e moitas sorpresas. Vai dirixida a todas as idades e haberá posibilidade de escoller disfraz en función de gustos e idades.

O prazo de inscrición para todas as actividades xa está aberto. As persoas interesadas poden informarse e inscribirse na OMIX.

 

 


Publicado en Xuventude
Descargar adjuntos:

2018-1-Trimestre-BIX-Xuventude.pdf (759 Descargas)


Concellería de Xuventude
OMIX

Encontro da Mocidade - San Simón 2019

11-06-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior pon en marcha o programa xuvenil Encontro da Mocidade que se realiza desde o 19 ata o 22 de agosto na Illa de San Simón. Este programa consiste en ofrecer unha proposta de participación facilitadora de espazos de encontro e interacción entre a mocidade do municipio en contextos informais e espazos naturais para traballar temas culturais...