Xoves, 09 Novembro 2017 18:41

Obradoiro de Risos en Familia

Obradoiro de Risos en Familia

O Concello de Soutomaior organiza un obradoiro de RISOS EN FAMILIA enmarcado dentro do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra.

Vai dirixido a persoas en idades comprendidas entre os 10 e os 99 anos ás que lle apeteza pasar un rato entretido e aprender a rir en familia.

O riso permite enfrontarse aos obstáculos diarios desde perspectivas máis creativas e axuda as persoas a sentirse mellor consigo mesmas e coa a súa contorna. Por iso nos parece unha experiencia moi interesante para compartir en familia.

  • A duración é de 16 h que se repartirán en sesións de 2 h un día á semana. As clases comezarán o 19 de decembro e rematarán na semana do 15 de xaneiro.
  • Datas: 19, 21, 26 decembro e 2, 4, 9,11,15 de xaneiro.
  • Horario:  de 17 a 19 h
  • As prazas son limitadas e de balde. 
  • A inscrición estará aberta ata o 30 de novembro.

As persoas interesadas poderán anotarse na OMIX, tel 986 700 822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  


Publicado en Xuventude


Concellería de Xuventude
OMIX

Encontro da Mocidade - San Simón 2019

11-06-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior pon en marcha o programa xuvenil Encontro da Mocidade que se realiza desde o 19 ata o 22 de agosto na Illa de San Simón. Este programa consiste en ofrecer unha proposta de participación facilitadora de espazos de encontro e interacción entre a mocidade do municipio en contextos informais e espazos naturais para traballar temas culturais...