Luns, 06 Novembro 2017 17:54

XVI Concurso de postais de Nadal. Aberto o prazo

XVI Concurso de postais de Nadal. Aberto o prazo

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no XVI Concurso de Postais de Nadal ata o 18 de decembro ás 20.30 h na OMIX.

Vai dirixido a todas as idades a partir dos 2 anos. A temática do concurso será o Nadal, cunha interpretación libre sobre o significado destas datas representadas de maneira creativa e orixinal onde se primará  a calidade, innovación, orixinalidade nas técnicas, o acabado das postais, a idea, entre outros criteirios,.

Con este concurso o Concello quere promover e fomentar o desenvolvemento da creatividade entre a mocidade pero tamén apoiar a participación no ámbito artístico en todas as idades.

Haberá dúas modalidades: unha simple con 5 categorías e unha tridimensional con catro categorías. Premiaranse en cada categoría 4 postais e haberá un agasallo para todas as persoas que participen neste concurso. En total repartiranse 32 premios.

Este ano auméntanse os premios e ademais, introdúcese  un cambio co que se pretende reforzar e potenciar o comercio local en Arcade e Soutomaior. Polo que, haberá máis vales - premio e estes terán que trocarse soamente en locais comerciais do municipio. As persoas premiadas terán en conta que soamente poderán trocar estes vales naqueles locais que admitan os vales xa que isto é algo voluntario para os establecementos que soamente ten como obxecto dinamizar o comercio.

A entrega de premios realizarase o venres 22 de decembro no Multiusos ás 19.30 h

As persoas interesadas en participar neste concurso poden consultar as bases do Concurso en www.soutomaior.com ou en www.gabinetesoutomaior.com 

As bases tamén se poden pedir na OMIX.

Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Tel. 986700822


Publicado en Xuventude
Descargar adjuntos:

17-bases-concurso-postais-nadal_1.pdf (158 Descargas)


Concellería de Xuventude
OMIX

Somos artistas 2019

08-07-2019 / Xuventude

  Somos artistas é un proxecto impulsado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior que se desenvolveu desde o mes de abril ata o mes de xuño de 2019 en colaboración co IES Soutomaior nas súas instalacións. O obxectivo deste proxecto foi o de iniciar unha reflexión sobre os temas que interesan á Xuventude e somerxer ao alumnado nun proxecto...