Venres, 03 Novembro 2017 09:38

Cambio de data Samain 2017

Cambio de data Samain 2017

Por causa da previsión de choiva a Festa de Samain pásase para o domingo 5 de novembro

As actividades comezarán  a partir das 17.00 h.

O Concello de Soutomaior festexa o samaín cun programa cargado de actividades dirixidas a todas as idades pero especialmente, dirixidas á mocidade. Haberá obradoiros de pócemas e beberaxes, maquillaxe, tunel do terror e moita troula e música da cal que encargará o grupo de animación Troula cun espectáculo que non vai deixar a ninguén indiferente porque estará protragonizado por todo tipo de creaturas do máis aló que farán desta noite de samaín unha noite de medo pero tamén de diversión.

PROGRMA 2017

Data: Domingo 5 novembro (antes 4 de novembro)
Lugar: Alameda de Talo Río (Arcade)

·         17.00 a 18.00             Obradoiro de pócemas e beberaxes

·         17.00 a 19.30             Maquillaxe de medo

·         17.30 a 19.30             Pasadizo do terror                                   

·         19.30 a 20.45             Animación de rúa a cargo de TROULA: zancudos tragalumes, demos, meigas, malabaristas, música e percusionistas.PERSOAXES DA ESCURIDADE

·         A partir das 18.30      Tren asador de CASTAÑAS -  DEGUSTACIÓN DE BALDE!

Durante toda a tarde STAND informativo e de sensibilizado sobre lecer alternativo e saudable " A QUE XOGAS" (Xunta de Galicia)

Todas as actividades son de balde e non cómpre anotarse previamente!


Publicado en Xuventude


Concellería de Xuventude
OMIX

Novas actividades de formación para a xuventude!

15-01-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar nas actividades do primeiro trimestre do ano.  Comezamos con novas actividades formativas que teñen unha alta demanda entre o colectivo xuvenil como son o curso de carretas elevadoras que durará 16 h das cales  seis horas serán prácticas nunha empresa para que a mocidade poida ter unha toma de...