Martes, 13 Xuño 2017 19:59

IX Festival Danzarte 2017

IX Festival Danzarte 2017

Este venres 16 de xuño ás 21.30 h no auditorio exterior do Multiusos en Arcade terá lugar o IX Festival Danzarte 2017 co cal o Concello de Soutomaior pecha algunhas das actividades artísticas organizadas pola Concellería de Xuventude durante o ano. Participará o alumnado de:

  • Escola Municipal de Debuxo e Pintura
  • Baile latino
  • Danza do Ventre
  • Guitarra española

O festival representa a culminación de moitos dos traballos iniciados e rematados durante o curso e significa moito para o alumnado porque fanse visibles os esforzos e as aprendizaxes acadadas. Ademais, trátase dunha actividade lúdica e distendida na que se participa en grupo.

O programa:

21:30 h      Inauguración.

21:35 h      Exhibicións e Intervencións artísticas: 

  • Presentación da obra realizada polo alumnado do grupo infantil e xuvenil da Escola Municipal de Debuxo e Pintura e da Exposición “Os nosos artistas”
  • Grupo municipal Danza do Ventre (adultas): “Tribal" (4 minutos)
  • Grupo municipal Guitarra: “Arcade Fire” nivel iniciación “Soldadito Marinero” Fito & Fitipaldis (6 minutos) e “ Los demonios” tema propio.
  • Grupo Danza do Ventre (infantil): A.C. MiúdosBellydance " (4 minutos)
  • Grupo municipal Guitarra: “Os martes con nata de Alisse” nivel intermedio “Otoñojas” e “He llegado a Japón”, temas propios (6 minutos)
  • Grupo municipal de Baile latino: "La bicicleta” (4 minutos)
  • Baile Moderno infantil: Ximnasio Clube Arcade
  • Baile Moderno xuvenil (3 -6 anos): A.C. Miúdos. "Vente pa ca”. (4 minutos)
  • Grupo municipal de Baile Latino: "ZOUK” 4 minutos
  • Baile Moderno xuvenil: Ximnasio Clube Arcade
  • Grupo municipal Danza do Ventre (adultas): “Bellydance” (7 minutos)

22:30 h  PECHE

APERTURA DA EXPOSICIÓN DE PINTURA “OS/AS NOSOS/AS ARTISTAS”
A  exposición de pintura poderá visitarse ata o 1 de xullo no Multiusos.

 

Estas actividades municipais inician o curso no mes de outubro e rematan a tempada agora no mes de xuño. Nas diferentes disciplinas hai grupos por idade ou niveis que se van desenvolvendo en diferentes horarios. Para inscribirse nestas actividades hai que facelo na OMIX a partir do mes de xullo e inícianse en outubro.

Desde o Concello tamén queremos agradecer a participación no Festival do Ximnasio Clube Arcade e da Asociación Cultural Miúdos porque este festival ten como obxectivo ser un lugar de encontro para veciños e veciñas e a súa participación é moin positiva.


Publicado en Xuventude
Visto 1832 veces


Concellería de Xuventude
OMIX

Adianto das Escolas Municipais de Xuventude

31-07-2019 / Xuventude

Desde o 2 ao 20 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Municipais: ESCOLAS MUNICIPAIS DANZA E MOVEMENTO Actividade 1: DANZA DO VENTRE Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e horario: xoves de 21 a 22 h Actividade 2: BAILES LATINOS Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e horarios:martes de 21 a 22 h Actividade 3: DANZA URBANA CONTEMPORÁNEA Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e...