Mércores, 14 Decembro 2016 13:13

Risos en familia. Obradoiro para todas as idades

Risos en familia. Obradoiro para todas as idades

Risos en familia é un obradoiro interxeneracional  de tempo libre  e lecer onde pode participar toda a familia. A actividade será moi entretida e divertida porque partiremos da risa e de todas as súas posibilidades para mellorar a nosa saúde e a das nosas relacións en familia. Vai dirixido a todas as idades polo que poden ser un espazo de encontro para avós, avoas, pais, fillos e filas, etc.

A actividade realizarase os días: 30 de decembro e 9,10,12,13 de xaneiro en horario de 17 a 20 h no Multiusos. A actividade é de balde e non hai que traer nada.

 As persoas menores de 13 anos terán que vir obrigatoriamente acompañadas dunha persoa adulta.

O prazo de inscrición remata 

Esta actividade está dentro do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra co que colabora o Concello de Soutomaior.

Máis información: na OMIX, 986705106  - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 


Publicado en Xuventude


Concellería de Xuventude
OMIX

Encontro da Mocidade - San Simón 2019

11-06-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior pon en marcha o programa xuvenil Encontro da Mocidade que se realiza desde o 19 ata o 22 de agosto na Illa de San Simón. Este programa consiste en ofrecer unha proposta de participación facilitadora de espazos de encontro e interacción entre a mocidade do municipio en contextos informais e espazos naturais para traballar temas culturais...