Venres, 04 Novembro 2016 18:54

XV Concurso postais de Nadal. Aberto o prazo de presentación

XV Concurso postais de Nadal. Aberto o prazo de presentación

O Concello de Soutomaior abre o prazo de participación do XV Concurso de Postais de Nadal. Este concurso  ten como obxectivo apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e fomentar o desenvolvemento da capacidade creativa. Aproveitando as datas de Nadal o concurso ofrece a posibilidade de presentar unha postal de felicitación para estas datas. A creatividade e orixinalidade, xunto coa innovación no uso de materiais e técnicas empregadas para elaborar as postais son os aspectos nos que o xurado se fixará para determinar cales serán as postais premiadas para o presente ano.

Establécense dúas modalidades: simple e voluminosa. Dentro de cada modalidade haberá cinco categorías distribuídas por idades a partir dos 2 anos en dinate.

O prazo de presentación remata o 12 de decembro ás 20,30 h na OMIX - Multiusos. Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Tel. 986700822

Os premios entregaranse o sábado 17 de decembro no Multiusos e despois da entrega haberá unha actuación do grupo TEATRO DE NINGURES.


Publicado en Xuventude
Descargar adjuntos:

Bases XV Concurso de Postais de Nadal 2016 (725 Descargas)
Visto 6006 veces


Concellería de Xuventude
OMIX

Adianto das Escolas Municipais de Xuventude

31-07-2019 / Xuventude

Desde o 2 ao 20 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Municipais: ESCOLAS MUNICIPAIS DANZA E MOVEMENTO Actividade 1: DANZA DO VENTRE Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e horario: xoves de 21 a 22 h Actividade 2: BAILES LATINOS Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e horarios:martes de 21 a 22 h Actividade 3: DANZA URBANA CONTEMPORÁNEA Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e...