Luns, 07 Outubro 2019 10:59

Obradoiro: Xogos con risas aseguradas. Programa Tecendo Lazos

Obradoiro: Xogos con risas aseguradas. Programa Tecendo Lazos

Aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro "Xogos con risas aseguradas". Este obradoiro realízase no marco do programa Tecnedo Lazos da Deputación de Pontevedra co que colabora o Concello de Soutomaior. O O obradoiro comezará o 9 de novembro e rematará o 21 de decembro de 2019. Poderán participar persoas a partir dos 6 ata os 99 anos.

Trátase dun obradoiro interxeneracional co que se pretende a través do xogos e da risoterapia mellorar a relación entre maiores e pequenos/as para aumentar a empatía e considerar a importancia que esta ten no día a día, ademais de rir e aprender a divertirse. Durante o obradoiro o grupo desenvolverá un montón de xogos e dinámicas como as batallas de culler, a caixa de disfraces, o supermercado, etc. E, a maiores, o grupo participará nunha dinámica sobre " A historia do meu Concello".

O prazo de inscrición remata o 31 de outubro. As inscricións realizaranse na OMIX en Arcade. As datas de realización serán: sábados de 17 a 19 h no Local Municipal de Terceira Idade en Talo Río.

 


Publicado en Xuventude
Visto 48 veces


Concellería de Xuventude

Campionato Arcade Jam - Cultura urbana 2…

09-10-2019 Festival de Cultura Urbana

O Concello de Soutomaior organiza para o sábado 19 de outubro a V Edición do campionato ARCADE JAM  nas modalidades de BMX e SCCOTER. O obxectivo desta actividade é contribuír ao...

Obradoiro: Xogos con risas aseguradas. Programa Tecendo Lazos

07-10-2019 / Xuventude

Aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro "Xogos con risas aseguradas". Este obradoiro realízase no marco do programa Tecnedo Lazos da Deputación de Pontevedra co que colabora o Concello de Soutomaior. O O obradoiro comezará o 9 de novembro e rematará o 21 de decembro de 2019. Poderán participar persoas a partir dos 6 ata os 99 anos. Trátase...

Samaín 2019

07-10-2019 / Xuventude

Chega o outono en con él a celebración do Samaín unha festividade que marca o remate da tempada da colleita e o comezo do inverno. E este ano imos a pasalo de medo cun programa chego de actividades divertidas nas que poden participar persoas de todas as idades. Comezamos o xoves 31 de outubro coa actividade de Orientación Especial Samaín na...

Adianto das Escolas Municipais de Xuventude

31-07-2019 / Xuventude

Desde o 2 ao 20 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Municipais: ESCOLAS MUNICIPAIS DANZA E MOVEMENTO Actividade 1: DANZA DO VENTRE Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e horario: xoves de 21 a 22 h Actividade 2: BAILES LATINOS Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e horarios:martes de 21 a 22 h Actividade 3: DANZA URBANA CONTEMPORÁNEA Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e...

Somos artistas 2019

08-07-2019 / Xuventude

  Somos artistas é un proxecto impulsado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior que se desenvolveu desde o mes de abril ata o mes de xuño de 2019 en colaboración co IES Soutomaior nas súas instalacións. O obxectivo deste proxecto foi o de iniciar unha reflexión sobre os temas que interesan á Xuventude e somerxer ao alumnado nun proxecto...

Representacións teatrais. Escola Municipal de Teatro

26-06-2019 / Escola Municipal de Teatro

Este fin de semana o alumanado dos diferentes grupos da Escola Municipal de Teatro presentarán as súas obras de fin de curso. O grupo xuvenil 2 presentará o venres 28 de xuño ás 21 h a obra " Adolescentes TV desastre" unha crítica ácida aos programas de TV actuais. Con esta obra búscase a relfexión sobre a postura dalgunhas persoas...