Mércores, 26 Xuño 2019 13:22

Representacións teatrais. Escola Municipal de Teatro

Representacións teatrais. Escola Municipal de Teatro

Este fin de semana o alumanado dos diferentes grupos da Escola Municipal de Teatro presentarán as súas obras de fin de curso. O grupo xuvenil 2 presentará o venres 28 de xuño ás 21 h a obra " Adolescentes TV desastre" unha crítica ácida aos programas de TV actuais. Con esta obra búscase a relfexión sobre a postura dalgunhas persoas que prefiren ignorar a realidade do que pasa no mundo actual e anestesiarse con programas de "telelixo".

O sábado 29 de xuño ás 20.30 h o grupo infantil presentará a obra "Os ovos misteriosos" baseada nun texto de María Luisa Ducla Soares, que conta como unha mamá galiña forma unha familia moi especial, ignorando as críticas e malos comentarios da veciñanza, porque ao fin e ao cabo, o que realmente forma a unha familia é o amor. Neste día tamén se presentará a obra do grupo xuvenil 1 que leva por título  "Todos/as somos diferentes" , que está  baseada en situacións reais que viviron ou das que foron testemuñas os rapaces e rapazas da actividade "Á procura do tesouro". Con ela pretendemos animar aos/ás espectadores/as a ser VALENTES e tomar cartas no asunto cando sexan testemuñas dunha inxustiza.

O martes 2 de xullo na Carballeira do Peirao terá lugar o peche do curso coa actividade "Na procura do tesouro" á que asistirá todo o alumnado e pasar unha xornada divertida e chea de sorpresas.

 


Visto 544 veces


Concellería de Xuventude
OMIX

Campionato Arcade Jam - Cultura urbana 2019

09-10-2019 / Festival de Cultura Urbana

O Concello de Soutomaior organiza para o sábado 19 de outubro a V Edición do campionato ARCADE JAM  nas modalidades de BMX e SCCOTER. O obxectivo desta actividade é contribuír ao desenvolvemento e evolución destas modalidades deportivas urbanas no Concello de Soutomaior e ofrecer unha alternativa de lecer á mocidade ofertando propostas variadas que se adapten a todos os intereses da...