Luns, 24 Xuño 2019 10:10

Aquagym

Aquagym

Durante o mes de Xullo a xuventude poderá seguir manténdose en forma coa actividade de AQUAGYM NA PRAIA organizada polo Concello de Soutomaior. Dirixida a todas as idades e pensada para que durante o verán sigamos practicando hábitos saudables á vez que disfrutamos do bo tempo e das actividades ao aire libre. Unha oportunidade para pasalo ben e facer novas amizades. Os mércores 3,10,17,24,31 de xullo en horario de 18 a 19 h achégate ata a praia do Peirao en Arcade e disfruta desta actividade. Recomendamos que leves fanequeiras. Si a marea está baixa realizarase igual pero nas area. É unha actividade de balde para a que non é preciso inscribirse.


Publicado en Xuventude


Concellería de Xuventude
OMIX

Somos artistas 2019

08-07-2019 / Xuventude

  Somos artistas é un proxecto impulsado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior que se desenvolveu desde o mes de abril ata o mes de xuño de 2019 en colaboración co IES Soutomaior nas súas instalacións. O obxectivo deste proxecto foi o de iniciar unha reflexión sobre os temas que interesan á Xuventude e somerxer ao alumnado nun proxecto...