Martes, 29 Mai 2018 16:08

X Festival Danzarte 2018. Venres 1 de xuño no Multiusos

X Festival Danzarte 2018. Venres 1 de xuño no Multiusos

O Concello de Soutomaior clausura as escolas municipais artísticas este venres 1 de xuño ás 21.30 h no Multiusos co Festival Danzarte que este ano cumpre 10 anos. Con este festival péchase o curso da maioría das activades organizadas pola Concellería de Xuventude durante o curso pero tamén se visibiliza o traballo que o alumnado realiza durante todo o ano. Participan no festival os grupos da Escola Municipal de Debuxo e Pintura, os grupos de guitarra española que compoñen os seus propios temas, os grupos de bailes datinos e danza de ventre. Ademais, tamén haberá grupos convidados como o grupo de Ecopercusión do CPI M.Padin Truiteiro, os grupos de Bailes da Asociación Miúdos, os grupos de bailes do Ximnasio Clube Arcade e os grupos de baile do clube Salsarrica - Artmadance. Queremos que o festival tamén sexa un punto de encontro para a mocidade do municipio. E, este ano por tratarse dun ano especial contaremos cunha exhibición de Hip Hop da Asociación Galirokers que trae un espectáculo que conta cun gran recoñecemento a nivel internacional e tamén o grupo municipal de danza do ventre que presentará unha coreografía moi especial porque recibiu un premio especial de pase a gala Festival Vigo Porté, 2018.

Este venres tamén se inaugura a exposición "Os nosos/artistas" con obras realizadas polo alumnado da escola municipal de debuxo e pintura e que estará aberta ao público ata o 15 de xuño no Multiusos, Arcade.

 

AXENDA MUNICIPAL

danzarte.jpg

 EVENTOS   Concellería de Xuventude
X Festival de Danzarte
Día: Venres, 1. Junio 2018 / Horario: 21:30 -  
Lugar da actividade: Multiusos de Arcade
Destinatarios/as: Todo público 

 


Publicado en Xuventude
Visto 1337 veces


Concellería de Xuventude
OMIX

Adianto das Escolas Municipais de Xuventude

31-07-2019 / Xuventude

Desde o 2 ao 20 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Municipais: ESCOLAS MUNICIPAIS DANZA E MOVEMENTO Actividade 1: DANZA DO VENTRE Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e horario: xoves de 21 a 22 h Actividade 2: BAILES LATINOS Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e horarios:martes de 21 a 22 h Actividade 3: DANZA URBANA CONTEMPORÁNEA Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e...