Martes, 10 Xaneiro 2017 20:17

Inicio de programas educativos: Tecnoloxía, medioambiente e educación familiar

Inicio de programas educativos: Tecnoloxía, medioambiente e educación familiar

O Concello de Soutomaior pon en marcha novos proxectos educativos en áreas como a educación familiar, a tecnoloxía e programación ou a sensibilización medioambiental, o consumo responsable e a horta urbana e ecolóxica.

 

APRENDENDO EN FAMILIA: escola de pais e nais

Programa dirixido ás familias que ten como finalidade orientar, informar e formar sobre temas de interese para a educación de menores. Aportando nas sesións e obradoiros habilidades, técnicas e pautas para mellorar a educación de nenos e nenas en contextos actuais onde os novos retos necesitan afrontarse con vellas e novas ferramentas. Nesta ocasión traballaremos o tema do uso das tecnoloxías. As sesións estarán dirixidas por persoas expertas no uso de Internet, as redes sociais e as Novas Tecnoloxías entre os mais novos. Tocando temas como o impacto que os malos usos teñen nivel psicolóxico e condutual tradúcese a miúdo na aparición de certas prácticas de risco ou incluso novas formas de delito, como pode ser o cyberbullying, o sexting e a sextorsión ou o grooming. Sen esquecernos de que un uso abusivo pode chegar a asociarse cun maior sedentarismo, a aparición de trastornos da alimentación e do sono, illamento social, fracaso escolar etc. De todo isto falaremos os días:

  • Datas:  martes 24 e martes 31 de xaneiro. Hora: 17,00 a 18,30 h
  • Lugar: CPI M. Padin Truiteiro

Visita: Escola de Pais e Nais

 

Neste trimestre tamén se porá en marcha a ESCOLA MUNICIPAL DE HORTA URBANA E ECOLÓXICA que se iniciará cun curso de horta urbana ecolóxica. O proxecto é unha proposta para persoas que buscan unha formación en relación coas necesidades e os recursos do lugar no que viven. A través da Concellería de Educación e da  Concellería de Medio Ambiente ponse en marcha unha horta municipal en Arcade cunha orientación educativa  e con carácter formativo onde o esparcemento, a sensibilización ambiental e o consumo responsable serán os eixes fundamentais. Para poder cultivar unha parcela na horta será necesario realizar con éxito o curso de horta urbana e ecolóxica que se realizará so días:11,18 DE FEBREIRO e 11,18,25 de MARZO de 10 A 14 H. As prazas son limitadas.

Visita: Escola Municipal de Horta Urbana Ecolóxica

 

Outro programa xa iniciado en 2016 e co que se continuará será o programa EN CLAVE TECNOLÓXICA: APRENDE PROGRAMAR XOGANDO

Neste trimestre traballarase con scratch e modelado 3D con sketchUp. Os nenos e nenas de 4 a 17 anos que queiran participar terán que anotarse previamente e faremos grupo por idades. A programación é unha ferramenta moi útil para traballar o pensamento creativo, a lóxica e a imaxinación. Ademais, son coñecementos e habilidades que logo se poden trasladar á vida diaria para así comprender mellor o entorno que nos rodea. 

  

E por último, o programa ROTEIROS MEDIOAMBIENTAIS: COÑECE O TEU CONCELLO E ARREDORES.

A proposta para este trimestre é a seguinte:

  • 29 DE XANEIRO - Roteiro 1: "Con sabor salgado"
  • 19 DE FEBREIRO - Roteiro 2: "Fervenza do Inferno"
  • 26 DE MARZO - Roteiro 3: "Outra ollada á Peneda"

Cada roteiro ten as súas singularidades pero todos comparten o xogo, a curiosidade e a práctica saudable de camiñar de xeito tranquilo e sosegado disfrutando na natureza. Pero, ademais tamén comparte o obxectivo de aprender un pouco máis sobre o que nos rodea e sobre como podemos coidar e respetar máis o noso medio ambiente. 

Visita: Roteiros Medioambientais

 


Publicado en Educación
Descargar adjuntos:

2017 - 1 Trimestre Programacion Educación.pdf (672 Descargas)


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

AVISO PROGRAMA ColeRoteiros

09-05-2019 / Educación

Queda cancelada a ROTIQUEDADA programada para este venres 10 de maio por causa do mal tempo. Sentímolo! Lembrade que a seguinte será o venres 31 de maio.