Sábado, 17 Decembro 2016 22:03

Actividades para as vacacións de Nadal: Laboratorio tecnolóxico

Actividades para as vacacións de Nadal: Laboratorio tecnolóxico

Aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades deseñadas pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior para as vacacións do Nadal. Este ano a proposta versa sobre ciencia, arte e tecnoloxía. Dun xeito lúdico os rapaces e rapazas poderán achegarse a todos estes temas e descubrir moitas cousas a través da experimentación e da creación. As actividades van dirixidas a persoas de 4 a 17 anos e son distintas en función da idade de cada grupo de participantes.

 

Grupos:

Infantil: 4 a 7 anos; Actividades: creación de aeronaves e avións, inventos, experimentos científicos, cociña robótica, a invasión artística dos soutos nas rúas, un ovo na lúa

Xuvenil 1:  8 a 11 anos; Actividades: inventos con historia e unha historia de inventos, maquinarbores, inventos, experimentos científicos, cociña robótica, modelado3D, programación con CODE.

Xuvenil 2:12 a 17 anos; Actividades: experimentos científicos marchosos, experimentos Be water my friend, o que o ollo non ve, xpgando con lume, modelado3D, programación con CODE.

As prazas limitadas por grupo son 20 como máximo. Realizaranse  os días 26 e 27 de decembro; 2 e 3 de xaneiro en horario de:11,00 a 13,00 h A maior parte levaranse a cabo no Multiusos pero tamén haberá actividades no exterior e saídas si o tempo o permite para realizar intervencións artísticas na Alameda de Talorío.

O custe por participar nestas actividade é para empadroados-as 5 €;e para non empadroados-as 15€

Máis información e inscricións:  ata o 20 de decembro na OMIX, Multiusos (Arcade) ou ata cubrir prazas.


Publicado en Educación
Visto 1508 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

AVISO PROGRAMA ColeRoteiros

09-05-2019 / Educación

Queda cancelada a ROTIQUEDADA programada para este venres 10 de maio por causa do mal tempo. Sentímolo! Lembrade que a seguinte será o venres 31 de maio.