Martes, 20 Novembro 2018 18:24

Microlab e construíndo con formas. Prazo aberto obradoiros vacacións de Nadal

Microlab e construíndo con formas. Prazo aberto obradoiros vacacións de  Nadal

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar nos obradoiros que organiza a Concellería de Educación para as vacacións de Nadal.

As actividades van dirixidas a idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos. Os obradoiros están planificados tendo en conta as idades e por iso faremos grupos por idades.

O grupo de 3 a 5 anos participará no obradoiro Construíndo con formas que estará baseado no conto do psicopedagogo e debuxante italiano Francesco Tonucci " El país de los cuadrados" e así traballaremos o mundo das formas. Formas relacionadas con nos mesmos/as, coas cousas que nos rodean, coas que non vemos e coas que imaxinamos.Partindo da lectura do libro e de como poden ir cambiando as formas básicas de todo o que nos rodea, xogaremos, construiremos e recrearemos diferentes tipos de formas, posibles ou imposibles…  Este obradoiro será impartido por "Contido Aberto".

Para as idades de 6 a 18 anos temos preparado o Microlab, que terá a súa base na aprendizaxe visoespacial, unha área esquecida normalmente pero moi importan para que as persoas se desenvolvan creativamente, se conecten ó entorno e participen con criterio. Tocaremos temas ligados á arquitectura, espazo, construcción, transformación etc. sempre a través da experimentación e do lúdico: xogos de arquitectura, xogos e percepción con símbolos e sinais e como non coa sesión Eureka! durante a cal nos achegaremos aos procesos de deseño de imaxes e obxectos a partir de pequenos proxectos formulados como enredos e xogos. Estes obradoiros serán impartidos por "Taller Abierto"

 

Datas:

  • 26,27 decembro e 2 de xaneiro no Multiusos en Arcade

Horarios:

  • Construíndo con formas (3-5 anos) 11 a 12.30 h
  • Microlab (6 a 11 anos) de 11.30 a 12.30 h
  • Microlab (12 a 18 anos) de 12.45 a 13.45 h

As prazas son limitadas polo que haberá que anotarse previamente a través da:

O prazo de inscrición remata o 20 de decembro. Para máis información póñanse en contacto coa OMIX ou ben en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Concellería de Educación
Actividades Educativas de Nadal 

18-Actividades-Educativas-de-Nadal.jpg


Inscricións ata: 20 Dec 2018 
Datas: 26-12-2018 ó: 02-01-2019 / Horarios por grupos de idade
Lugar: Multiusos de Arcade 
Destinatarios/as: 3 - 18 anos (menores con autorización)

Inscrición en LIÑA

Publicado en Educación


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Capacidade, SI MOITA! Sábado 1 de decembro

26-11-2018 / Educación

Este é o segundo ano que o Concello de Soutomaior pon en marcha o programa CAPACIDADE, SI MOITA!!!  que se realizará o sábado 1 de decembro de 17 a 19 h no Multiusos en Arcade. O 3 de decembro conmemórase o día internacional das persoas con discapacidade ou tamén coñecido como o día da diversidade funcional e desde a Concellería de...

Microlab e construíndo con formas. Prazo aberto obradoiros vacacións de Nadal

20-11-2018 / Educación

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar nos obradoiros que organiza a Concellería de Educación para as vacacións de Nadal. As actividades van dirixidas a idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos. Os obradoiros están planificados tendo en conta as idades e por iso faremos grupos por idades. O grupo de 3 a 5 anos participará...

Campamento de inmersión lingüística nos Peares.

14-09-2018 / Educación

 30 moz@s do Concello de Soutomaior aprenden inglés no campamento de inmersión lingüística do concello.  A actividade leva a cabo no pobo ourensán de Os Peares, na confluencia dos ríos Miño e Sil co obxetivo  de aprender e poder practicar o inglés a través de situacións cotiás na vida dos mozos e mozas. O alcalde, Agustín Reguera, visitou aos participantes para compartir...

Novo Instituto – Xornada de portas abertas

11-09-2018 / Educación

O novo instituto público do Concello de Soutomaior xa se atopa listo para acoller a próxima semana o inicio do novo curso escolar. Para presentar o novo centro educativo aos alumnos e as súas familias, o Concello, en colaboración co equipo directivo, organiza este xoves unha xornada de portas abertas con visitas guiadas entre as 17.00 e as 20.00 horas. Os...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva dúas accións voluntarias. A segunda acción voluntaria: imos informar e concienciar coa que se pretende informar e concienciar sobre a importancia de reducir o uso de plásticos, facer unha boa...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva dúas accións voluntarias. Este domingo 15 de xullo de 17 a 20 h terá lugar na Ponte Colgante de Soutomaior a segunda parte da acción voluntaria: imos informar e concienciar...

Domingo 15 de xullo: Imos informar e concienciar. Acción voluntaria

13-07-2018 / Si quero, colaborar

O  Concello de Soutomaior promove a educación medio ambiental baixo o lema SI QUERO, COLABORAR. Este programa iniciado no ano 2018 xa vai pola segunda acción que concluirá este domingo coa posta en marcha dunha campaña de información e sensibilización sobre os residuos que xeramos e que facemos con eles. A acción de campo realizarase este domingo 15 de xullo...

Os titulares de Educación

Capacidade, SI MOITA! Sábado 1 de decembro

26-11-2018 / Educación

Este é o segundo ano que o Concello de Soutomaior pon en marcha o programa CAPACIDADE, SI MOITA!!!  que se realizará o sábado 1 de decembro de 17 a 19...

Microlab e construíndo con formas. Prazo aberto obradoiros vacacións de Nadal

20-11-2018 / Educación

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar nos obradoiros que organiza a Concellería de Educación para as vacacións de Nadal. As actividades van dirixidas a idades comprendidas...

Campamento de inmersión lingüística nos Peares.

14-09-2018 / Educación

 30 moz@s do Concello de Soutomaior aprenden inglés no campamento de inmersión lingüística do concello.  A actividade leva a cabo no pobo ourensán de Os Peares, na confluencia dos ríos Miño...

Novo Instituto – Xornada de portas abertas

11-09-2018 / Educación

O novo instituto público do Concello de Soutomaior xa se atopa listo para acoller a próxima semana o inicio do novo curso escolar. Para presentar o novo centro educativo aos...