Mércores, 09 Mai 2018 14:19

Obras de urbanización no novo instituto público

Obras de urbanización no novo instituto público

 O novo instituto público do Concello de  Soutomaior está a piques de entrar en servizo.

Unha das últimas tarefas pendentes deu comezo esta semana cos traballos de urbanización cos que se dotará de servizos ao centro escolar ademais de instalar as novas beirarrúas e, como medida de seguridade viaria, un terceiro carril na EP-2908 para facilitar a saída e acceso ao instituto. Os traballos contan cun orzamento de execución de 263.680,74 euros que se financiarán exclusivamente con fondos municipais.

A principal finalidade dos traballos é a de dotar ao novo centro dos accesos necesarios para garantir a maior confortabilidade dos usuarios e a seguridade viaria dos estudantes e veciños da zona. Para iso, instalarase unha nova beirarrúa na parte frontal do instituto de case 100 metros de longo e un ancho mínimo de 2,5 metros. A superficie desta nova beirarrúa será de formigón puído para facilitar a integración visual do conxunto coa senda peonil que se comezará a construír nas próximas semanas e que unirá os dous principais centros de estudo público do municipio, o CPI Padín Truiteiro e o novo instituto de educación secundaria.

Do mesmo xeito, a EP-2908 verá ampliada a superficie da calzada nas inmediacións do centro mediante a creación dun terceiro carril intermedio para facilitar o acceso e saída do centro escolar. Ademais, instalaranse varias prazas de aparcadoiro de 2,5 metros de ancho que darán servizo a todos os usuarios do instituto. Ademais, con esta actuación dotarase ao novo centro de ensino público dos servizos necesarios para o seu funcionamento, como son a rede eléctrica, de telefonía, de abastecemento e de saneamento.


Publicado en Educación


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Fai voluntariado no Festival Soutopequeno

25-03-2019 / Voluntariado

As persoas interesadas en participar como voluntarias na organización do Festival Soutopequeno poden  inscribirse na web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal2/vista-mensual/eventodetalle/2079/voluntariado-soutopequeno O festival de cine e música SOUTOPEQUENO celébrase no Concello de Soutomaior os días 28,29,30 e 31 de marzo, un Festival de cine e música no que ademais haberá pequenos obradoiros musicais e cinematográficos. + info en www.soutopequeno.com Requisitos das persoas voluntarias: non se precisa experiencia...