Category Image  EVENTOS / Actividades da Biblioteca

Conta Contos 5 Abril.jpg

Contacontos: "Lobo Bobo"

Mércores, 5. Abril 2017
Horario: 18:00 - 19:00
Lugar: Biblioteca M. Luis Seoane
 

 

Espectáculo de animación á lectura representado pola compañía Elefante Elegante. Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano?
Que acontecería se a Madrastra de Branca de Neve se convertise nun
dos tres Porquiños por mirarse tanto no espello máxico?
A resposta a estas e outras preguntas poderémolas descubrir no novo espectáculo para bibliotecas do Elefante Elegante. 
O Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento. 
As súas creacións buscan a universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais.

 

 

Accesos : 159