Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Educación ULTIMAS 2 PRAZAS!

17-Cartel-SoutoNews-pq.jpg SoutoNews Magazine
 
Inscricións ata:  20-02-2017
Comezo: Venres, 24. Febreiro 2017
Horario: 08:00 - 17:00
Lugar: Multiusos de Arcade
Do: 27-02-2017  ó: 09-06-2017
 

 

É un programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándosede crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,… Integramente en inglés e guiados-as por unha profesora de nivel nativo e con experiencia, idearán as novas, redactarán os contidos e poñeranos en práctica. Coa axuda da televisión local, a finais de cada mes, gravaranse as seccións cos diálogos que estarán subtitulados en galego.

Os/as participantes poderán colaborar vestíndose con vestiario apropiado o día das gravacións para darlle máis veracidade ós contidos. No desenvolvemento do magazine, a imaxinación dos/as participantes ocupará un lugar importante. Incorporaremos actividades didácticas que axudarán a desenvolver as habilidades en inglés así como a desenvolver a axilidade mental neste idioma: competición de deletreo (spelling), obradoiro de cancións, elaboración de banda deseñada.

As novas de actualidade, xurdirán dos debates moderados pola profesora.

Os obxectivos deste proxecto promovido polas concellerías de Educación e Xuventude son os de promover entre a mocidade actividades que lles permitan adquirir competencias lingüísticas en inglés dun xeito práctico e divertido, usando vocabulario propio de contextos diarios para falar con maior fluídez e mellorar a pronunciación e a axilidade nesta língua.

Haberá dous grupos.

  • Grupo 1: de 12 a 15 anos, os venres de 16 a 17,30 h
  • Grupo 2: de 16 a 25 anos os venres de 17,30 a 19,00 h.

O nivel non será un problema porque a metodoloxía vai a ser moi práctica e grupal adaptándose os contidos ás idades e competencias lingüísticas do grupo.

O prazo de inscrición remata o 20 de febreiro.

Descargar:  Inscrición Souto News Magazine 2017

 

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN + CONCELLERÍA DE XUVENTUDE
OMIX, Multiusos de Arcade, Rúa Peirao 8 - 36690
Telf: +34 986 700 822 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Info web: Educación - Xuventude (Gabinete Soutomaior) /  www.soutomaior.com
Horarios: Luns a venres de 15,30 h a 20,30 h agás os Mércores de 9,00 a 14,00 h

 

 

 

 

Accesos : 268