Category Image  EVENTOS / Concellería de Cultura

b190b9bcae39ee6b68c160e3e6f45456_M.jpg

Teatro para adultos: O caso é ter saúde

Domingo, 26. Marzo 2017
Horario: 19:00 - 20:00
Lugar: Multiusos de Arcade
 

 

O Multiusos de Arcade  acollerá este domingo día 26 ás 19,00 horas a obra O caso é ter saúde, a última produción da compañía Malasombra. A peza teatral en clave de comedia está protagonizada por Jouse García, Xoque Carbajal, Patricia Rodríguez, Celia González e Carlos Mosquera e conta a historia dun home, Miki, que é abandoado pola súa parella tras vinte anos de relación o día da Lotaría de Nadal e minutos despois o seu décimo sae premiado co Gordo?. Deste xeito, o protagonista non sabe ben como sentirse pois está eufórico e deprimido a partes iguais. Paralelamente, comezan a aparecer persoaxes esituacións ridículas na súa vida para afondar na condición humana e na habitual ambición polos cartos. Malasombra producións é unha compañía creada en 2006 polo actor Xoque Carbajal que defende a comedia como mellor vehículo para comunicar co público.

 

 

Accesos : 372