Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Xuventude

7af0193b8351bd1eb04c09dfe5731fa3_L.jpg Creación dunha Comparsa de Entroido
 
Inscricións ata:  13-02-2017
Comezo: Luns, 13. Febreiro 2017
Horario: 08:00 - 17:00
Lugar: Multiusos de Arcade
Do: 25-02-2017  ó: 05-03-2017
 

 

O Concello de Soutomaior abre o prazo para participar no obradoiro de CREACIÓN DA COMPARSA MUNICIPAL DE ENTROIDO. Esta actividade ten como obxectivo promover a participación veciñal nesta festa con tanta tradición en Galicia. Durante o obradoiro as persoas que se inscriban poderán aprender todas as labores necesarias para a confección dunha comparsa que pasan pola confección de disfraces, a coreografía – bailes - música e caracterización das personaxes do tema escollido. Como en anos anteriores esta é unha actividade dirixida a todos os públicos porque a idade non ten que ser unha limitación para divertirse e disfrutar do entroido en primeira persoa.  O único requisito é que os/as menores de 4 anos terán que vir acompañados/as dunha persoa adulta para unha mellor organización.

Durante o desfile a comparsa irá acompañada polo monitorado do obradoiro e, este ano, tamén por animacións que acompañarán esta comparsa municipal durante todo o percorrido.

Os horarios do obradoiro son:

  • Venres 24 febreiro– de 16,30 a 18,30 h
  • Luns 27 de febreiro– de 11,00 a 13,00 h
  • Mércores 28 de febreiro– de 11,00 a 13,00 h
  • xoves 2 de marzo– de 16,30 a 18,30 h
  • Sábado 4  de marzo – de 11,00 a 13,00 h
  • Domingo 5 de marzo a partir das  17 desfile polas rúas de Arcade con animacións acompañando.

Prazo de inscrición para participar no obradoiro de creación da comparsar: ata 13 de febreiro.

Esta actividade é totalmente de balde incluídos os materiais de elaboración dos disfraces.

Descargar archivo:   2017 Inscrición Comparsa Municipal Entroido.pdf

 


MÁIS INFORMACIÓN 

OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Multiusos de Arcade, Rúa Peirao 8 - 36690
Telf: +34 986 700 822 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Info web: Concellería de Xuventude (Gabinete Prensa) / www.soutomaior.com
Horarios: Luns a venres de 15,30 h a 20,30 h agás os Mércores de 9,00 h a 14,00 h

 

 

 

 

Accesos : 290