O mestre Francisco Salgado deixa o centro tras 34 anos de docencia
O mestre Francisco Salgado deixa o centro tras 34 anos de docencia
Máis de 200 alumnos do CPI Padín Truiteiro de Arcade despedíronse esta mañá dun dos seus profesores máis queridos, o mestre de inglés Francisco Salgado, que tras 34 anos de docencia xubilarase ao final deste curso. Alumnos, pais e compañeiros do centro quixeron renderlle unha pequena homenaxe aplaudindo o labor que realizou e o agarimo que sementou estes anos. Con máis dun minuto de aplausos e felicitacións, Francisco Salgado poñía fin ao que foi o traballo da súa vida, ensinar e formar ás novas xeracións. “Chego aquí no 84, cando aínda eramos un centro de EGB”, comentou o director, Modesto Campos, que engadiu “é unha vida dedicada ao ensino e iso é algo que temos que agradecerlle”. Durante a despedida, ademais das felicitacións constantes de alumnos e compañeiros, desde o centro fixéronlle entrega dunha fotografía antiga na que aparecía o propio Francisco retratado ao pouco da súa chegada ao centro. Do mesmo xeito, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, quixo mostrar o agradecemento “de todos os veciños de Soutomaior e das moitas xeracións ás que el axudou co seu traballo e esforzo”, explicou o edil. Ademais, e como recordo deste dí...
SI QUERO, COLABORAR  programa de educación medio ambiental
SI QUERO, COLABORAR programa de educación medio ambiental
O Concello de Soutomaior abriu o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas sesións, unha primeria que se realizará o martes 26 de xuño na Carballeira de Arcade durante ca cal se prepararán a modo de obradoiro deseño da campaña informativa sobre os malos usos dos resisuos e a segunda sesión que se realizará o domingo 15 de xullo xa será a acción de campo na que irremos ata a praia da Ponte Colgante para informar ás persoas sobre o custe que ten para o medio ambiente deixar lixo nas praias e na natureza e o que estes residuos tardan en descompoñerse. Tamén se colorán so carteis da campaña na que se poderá acceder a moita información sobre este tema. As persoas interesadas podes anotarse a través da inscrición en liña : http://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina/eventodetalle/1595/accion-2-hoxe-imos-informar-e-concienciar As prazas son limitadas. As persoas que xa son voluntarias do programa de voluntariado soamente terán que inscribirse na segunda acción. As persoas que son novas terán ademais de i...
O Concello conmemorou  o día mundial do Medio Ambiente
O Concello conmemorou o día mundial do Medio Ambiente
Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebrou o 5 de xuño o Concello de Soutomaior organizou un programa de actividades que se realizaron en Talorío en horario de 18 a 20 h. A programación inclíu actividades para todas as idades. Dende unha xincana para xogar e superar probas de xeito individual e grupal nas cales os/as participantes terán que ir demostrando coñecemento sobre temas medio ambientais e tamén habilidades que lles permitirán superar as estacións e chegar á meta. Foron probas moi divertidas, fáciles e lúdicas aptas para todos os públicos. Tamén haberá xogos musicais, malabares e monociclos para animar a festa. Ademais, destas iniciativas dende o Concello tamén se promoven outras iniciativas con fin de promover valores de respeto e coidado ao medio ambiente, actividades de voluntariado medio ambiental, roteiros, etc. Preténdese poñer en marcha iniciativas que sensibilicen sobre a necesidade coidar a natureza e concienciar sobre a necesidade de contaminar menos para conservar os recursos naturais . A seguinte acción "Hoxe imos informar e concienciar" durará dúas xornadas: martes 26 de xuño de 17.00 a 19.00 h na Carballeira d...
Pleno Ordinario concello de Soutomaior pertencente ao mes de maio
Pleno Ordinario concello de Soutomaior pertencente ao mes de maio
O pasado xoves celebrouse no concello de Soutomaior o pleno ordinario pertencente ao mes de maio, no pleno abordáronse varios temas como o sector vitivinícola de Soutomaior, as necesidades do colexio Manuel Padín Truiteiro cara o novo curso escolar entre outras
Alumnos/as  do Padín Truiteiro visitan a  Horta Municipal
Alumnos/as do Padín Truiteiro visitan a Horta Municipal
Escolares de 1º da ESO do Colexio M. Padin Truteiro visitaron hoxe a Horta Municipal. Acompañados polo profesorado do centro e dentro do programa formativo das materias de Bioloxía puideron coñecer unha experiencia práctica sobre como funciona unha horta comunitaria que traballa en ecolóxico baixo os principios da biodinámica. A mestra, acompañada dun hortelano e unha hortelana que participan actualmente no proxecto da Escola Municipal de Horta explicaron cal e o proceso para a posta en marcha dunha horta e como deben ser os coidados da terra e das prantas que nela se cultivan. Os mozos e mozas participaron nunha experiencia didáctica ao aire libre que completa a súa formación en aula e que lles permite observar o crecemento das prantas e o funcionamento da natureza nun contexto real de aprendizaxe onde tiveron ocasión de facer preguntas e reflexionar sobre novas formas de cultivar adaptadas a novos estilos de vida sen esquecer toda a sabiduría popular e tradicional da nosa cultural agrícola e de horta. Tiveron ocasión de observar materia orgánica que logo se transforma en compostaxe e comparar este abono natural con outros que non o son, comprobar que cando se tr...
Os xuvenís do  C.D. Soutomaior xogarán na 1ª autonómica
Os xuvenís do C.D. Soutomaior xogarán na 1ª autonómica
O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello aos diversos deportistas e clubs que nesta tempada próxima a finalizar mellores resultados obtiveron. Finalizou a liga de xuvenís na que o C.D. Soutomaior proclamouse campión da liga de segunda autonómica (grupo 8) despois de realizar unha magnifica campaña sacando 7 puntos de vantaxe ao segundo clasificado que foi o Marin, C. F. Con iso garantiron o ascenso á ascenso para a próxima tempada. O equipo dirixido por Jaime Calvar logrou nos 29 partidos, 23 vitorias 2 empates e 4 derrotas con 120 goles a favor e 34 en contra. O seu máximo artilleiro foi Jose C. da Torre con 31 goles en 21 partidos. Continua na competición de copa na que ten obxectivo xogar a final e tentar traer o trofeo para o seu club
O Kick Boxing Club Arcade novamente no máis alto
O Kick Boxing Club Arcade novamente no máis alto
O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello aos diversos deportistas e clubs que nesta tempada próxima a finalizar mellores resultados obtiveron Reguera Dirixiuse aos deportistas, adestradores e dirixentes para felicitarlles polos seus éxitos e sobre todo para que sigan mantendo o seu esforzo e perseveranza deportiva para próximas competicións. Como non todas as competicións están finalizadas o Alcalde espera que outros deportistas e clubs poidan ser recibidos no Concello para felicitarlles polos seus éxitos. “Para Soutomaior é un orgullo contar con deportistas como vós, cuxos triunfos contribúen a promocionar o deporte e a reforzar ademais a aposta deste Concello polo deporte”, afirmou. Todos os deportistas recibiron de mans do Alcalde un recordo da súa visita ao Concello e os presidentes de cada club asinaron un convenio de colaboración co Concello de Soutomaior. O Kick Boxing Club Arcade segue cultivando títulos nas distintas modalidades desta disciplina deportiva. Esta vez foi no Campionato de España en “ Tatami Sport” onde obtivo 12 medallas de ouro,11 de prata e 9 de bronce nas distintas disciplinas e categorías que se disputaban. Co...
"Somos o rival máis dificil de batir en España".
O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello aos diversos deportistas e clubs que nesta tempada próxima a finalizar mellores resultados obtiveron Reguera Dirixiuse aos deportistas, adestradores e dirixentes para felicitarlles polos seus éxitos e sobre todo para que sigan mantendo o seu esforzo e perseveranza deportiva para próximas competicións. Como non todas as competicións están finalizadas o Alcalde espera que outros deportistas e clubs poidan ser recibidos no Concello para felicitarlles polos seus éxitos. “Para Soutomaior é un orgullo contar con deportistas como vós, cuxos triunfos contribúen a promocionar o deporte e a reforzar ademais a aposta deste Concello polo deporte”, afirmou. Todos os deportistas recibiron de mans do Alcalde un recordo da súa visita ao Concello e os presidentes de cada club asinaron un convenio de colaboración co Concello de Soutomaior. O Kick Boxing Club Arcade segue cultivando títulos nas distintas modalidades desta disciplina deportiva. Esta vez foi no Campionato de España en “ Tatami Sport” onde obtivo 12 medallas de ouro,11 de prata e 9 de bronce nas distintas disciplinas e categorías que se disputaban. C...
Letras galegas 2018. Premios do concurso Verbas para comunicar
Letras galegas 2018. Premios do concurso Verbas para comunicar
O Alcalde, Agustin Reguera e a Concelleira de Xuventude Noelia Ocampo entregaron este martes 15 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar. Este concurso organízase co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade e vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 20 anos empadroados/as no Concello de Soutomaior. O Concurso ten unha modalidade de redacción individual e unha modalidade audiovisual que pode ser grupal ou individual. Nesta edición participaron en total 287 persoas que se repartiron en dúas categorías: CATEGORÍAS A – 12 A 14 ANOS B – 15 A 20 ANOS MODALIDADES: REDACCIÓN Categoría A : 134 Categoría B: 113 AUDIOVISUAL Categoría A INDIVIDUAL: 6 PERSOAS (6 traballos) Categoría A GRUPAL: 29 persoas (13 traballos) Categoría B INDIVIDUAL: 1 PERSOA (1 traballo) Categoría B GRUPAL: 4 persoas (2 traballos) Formaron parte do xurado: Dona Mari Cruz Aguiar Díaz, Profesora de Lingua Galega Santiago Apostol. Dona Mónica Soto Balo, Profesora de Lingua Galega Santiago Apostol. Don Román Cerqueiro , profesor de Lingua Galega do Padin Truiteiro. Dona Xabier Rico, profesora de Lingua Galega nun colexio en Moaña e escritor. Don Fernand...
O castelo de Soutomaior se  reestrea á altura dos mellores castelos do mundo
O castelo de Soutomaior se reestrea á altura dos mellores castelos do mundo
Na tarde de onte tivo lugar a inauguración oficial da musealización da fortaleza do castelo de Soutomaior, ao acto asistiron menbros Deputación de Pontevedra así como varios alcaldes e alcaldesas de varios concello de Pontevedra, entre os asistentes estivo o alcalde de Soutomaior Agustín Reguera. Segundo a presidenta da deputación Carmela Silva o Castelo está “á altura dos mellores Castelos do mundo” as obras de musealización inclúen dez salas nas que se poderán atopar diversos audiovisuais interactivos, proxeccións en 3D, reproducións de documentos históricos, xogos e maquetas tamén a destacar un videomapping xigante. O alcalde Agustín Reguera salientou o esforzo e o bo traballo da Deputación xa que en todo momento como recalcou Carmela Silva na súa intervención o diálogo por parte do Concello de Soutomaior e a presidenta da Deputación foi constante.
Campus de Verán do R. C.Celta no Concello de Soutomaior
Campus de Verán do R. C.Celta no Concello de Soutomaior
O Concello de Soutomaior acolleu onte o acto de presentación do I Campus de Verán do R. C. Celta en Soutomaior. O xerente da Fundación Celta, German Arteta, e o coordinador do campus e adestrador Alex Abalde, acompañaron ao alcalde, Agustín Reguera, durante o acto. A iniciativa desenvolverase do 30 de xullo ao 3 de agosto. O obxectivo desta iniciativa é a de fomentar a práctica do deporte entre a mocidade do municipio ademais de inculcar aos mozos unha cultura deportiva de primeiro nivel xa que todos os adestradores do Campus forman parte do equipo técnico das categorías inferiores do club. Ademais, “como premio, os mozos que demostren maior calidade deportiva e humana poderán adestrar coas categorías inferiores do club na Madroa e probarse co Celta”, afirmou o xerente da Fundación Celta, German Arteta. A participación no Campus ten un custo de 115 euros para os empadroados no Concello de Soutomaior e 130 euros para os non empadroados e cada participante recibirá un equipamento completo de adestramento do R. C.Celta s. Ademais, os que realicen a inscrición antes do 31 de maio recibirán unha segunda camiseta de agasallo. A inscrición realizarase vía web a ...
“Para a Guerra Nada” interpretado polos alumn@s do Manuel Padín Truiteiro
“Para a Guerra Nada” interpretado polos alumn@s do Manuel Padín Truiteiro
Ás veces os grandes proxectos nacen como ideas sinxelas e isto foi o que pasou con “Para a guerra nada “, unha iniciativa simple, sen grandes pretensións, que en menos dun ano mobilizou a máis de dez mil persoas por medio das redes sociais e segue crecendo sen parar. Transcorría agosto de 2014 cando Marta Gómez, cantautora caleña residente en Barcelona, decidiu que estaba farta de escoitar novas sobre o conflito entre Palestina e Israel e sobre todo, de ver explicacións sobre os artefactos que uno e outro bando utilizaban para facerse dano. Así que decidiu darlle unha volta o máis cotidiá das guerras e cambiar os estoupidos das bombas por alegres acordes E foi destas invencións que naceu a canción ” Para a guerra nada”. Así que, unha vez gravada, Marta e Julio Serna (o seu mánager e esposo) decidiron compartila con amigos músicos para ver que outros versos ocorríanselles, que outros inventos fantásticos podían engadirse a esta lista coma se fose un longo esconxuro contra a violencia. Froito da iniciativa de que cada quen interpretara ao seu gusto o lema de “Para a guerra nada” os alumnos e alumnas do colexio Manuel Padín Truiterio decidiron por ini...