O Concello de Soutomaior xa está preparado para recibir o Nadal.
O Concello ten preparada unha gran festa infantil para celebrar o inicio dos festexos que culminará co aceso da iluminación do Nadal a mans dos nenos e nenas do municipio.
A festa terá lugar na alameda Tallo Río o próximo día 26 de novembro a partir das 18:00 horas.
O centro da iluminación do Nadal situarase un ano máis na Alameda de Talo Río, onde se instalará unha gran árbore de nadal acompañado dun photocall.
Ademais, instaláronse arcos e elementos en case todas as vías do centro urbano, e en prazas como as da Ostra, a Feira ou en Cimadevila.
Na parroquia de Soutomaior instaláronse adornos en case todos os principais viais.
En total instaláronse máis de 40 arcos en todo o municipio e varias decenas de árbores luminosas e diferentes motivos adornando o mobiliario público.
Previo ao aceso da árbore municipal, terá lugar a festa infantil con animación musical, xogos, panxoliñas e uns divertido pasacalles que percorrerá o centro de Arcade lembrando aos veciños o momento do aceso e repartindo boletos aos nenos para o gran sorteo no que o gañadores terán a honra de acender a iluminación do Nadal, ao redor das 19:00 horas.
A iluminación permanecerá acendida ata o próximo 5 de xaneiro desde as 18:00 ata as 00:00 horas, salvo os días de Noiteboa, Nadal e Fin de ano que o fará ata as 03:00 da madrugada.