A Policía Local do Concello de Soutomaior acaba de estrear o seu novo coche patrulla.
Trátase dun Citröen Cactus de cor branca adquirida grazas a unha subvención da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia. O novo vehículo foi recibido a pasada semana polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, de mans do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
O novo coche conta con "os medios máis modernos e as características necesarias que esixen as situacións de emerxencia que atende a Policía Local", afirmou o rexedor local de Soutomaior,Agustín Reguera, que cualificou a medida como unha "grande axuda para mellorar o servizo dun corpo tan importante como o da Policía Local.