Venres, 09 Xuño 2017 20:04

Primeiro número do magazine SoutoNews

Soutonews Magazine é un proxecto para a mocidade que te fai falar en inglés. Soutonews Magazine é un proxecto para a mocidade que te fai falar en inglés. / Foto: Soutonews 2107

Soutonews finalizou o curso este venres 9 de xuño. Este proxecto de inmesión lingüística en inglés comezou no mes de marzo e vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos. Durante estes meses os/as participantes estiveron realizando actividades moi diversas para prácticar o inglés: elección de temas para a elaboración dos magazines mensuais, procura de novas para realizar debates, entrevistas, elaboración de artigos, dinámicas e xogos, etc. 

A metodoloxía deste proxecto é moi interactiva e dinámica, trátase de practicar o inglés pero dun xeito lúdico e práctico por iso cada mes o resultado é un número deste magazine xuvenil onte os mozos e mozas expoñen temas de interese para eles e elas sobre os que previamente realizan unha pequena investigación guiada pola súa mestra. Ademais, tamén se practican outras habilidades e destrezas como falar con público, traballar en grupo, ser máis creativos/as, etc. e tamén responsabilidade, reparto de funcións, empatía, etc. Cada mes escollen que rol van a ocupar na presentación do seguinte número e así teñen a oportunidade de ser reporteiros/as, presentadores/as e actores e actrices.

Neste número fálase de: lecturas recomendadas, libros electrónicos, xeoloxía e montañismo, como xogar ao cubo Rubik, karate e tamén sobre gastronomía.

Os seguintes dous números están a piques de saír e, xa avanzamos, que virán repletos doutras moitas novas tamén moi interesantes!

As persoas interesadas en participar neste proxecto poderán inscribirse a partir do mes de xullo na OMIX. Tel. 986700822  As clases comezarán de novo en outubro.

Podedes solicitar máis información nos seguintes correos:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  


Publicado en SoutoNews Magazine
Visto 811 veces

Medios

 

Os titulares de Educación

2º acción voluntaria! Imos informar e concienciar

13-06-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas...

5 de xuño. Festa do Medio Ambiente en Talorío

01-06-2018 / Educación

Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño o Concello de Soutomaior ten previsto un programa de actividades que se realizarán en Talorío ...

Visita didáctica á Horta Municipal

25-05-2018 / Horta Urbana Ecolóxica

Escolares de 1º da ESO do Colexio M. Padin Truteiro visitaron hoxe a Horta Municipal. Acompañados polo profesorado do centro e dentro do programa formativo das materias de Bioloxía puideron...

2 de xuño: Hoxe imos limpar. Voluntariado e educación medioambiental

22-05-2018 / Educación

Si quero, colaborar é unha iniciativa do Concello de Soutomaior que promove o voluntariado en diferentes áreas de intervención. Encadrada dentro do Plan Municipal de Voluntariado nesta ocasión este programa...