Luns, 26 Marzo 2018 20:35

Domingo 8 de abril Roteiro medio ambiental "Os vellos camiños da Montesiña".

O Concello de Soutomaior inicia neste trimestre o programa de Roteiros Medio Ambientais con novas datas e propostas para disfrutas de actividade na natureza e de educación medio ambiental. 

O programa ten como obxectivos coñecer os valores medio ambientais do noso Concello da man dunha guía. Promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a natureza e patrimonio que nos rodea. Educar en valores de respeto e coidado á natureza.

As persoas destinatarias son persoas interesadas en realizar unha actividade diferente e saudable (público xeral). Poderán participar todas as idades pero tendo en conta que todos os roteiros implican camiñar e moverse, fixarse na dificultade de cada roteiro, na duración, etc. Teñen preferencia as persoas empadroadas en Soutomaior.

Ofertamos tres roteiros para este trimestre do ano:

 

8 de abril

ROTEIRO: "Os vellos camiños da Montesiña"

Breve descrición: 6kms (dificultade baixa); Praia Fluvial A Xunqueira, sendeiros a carón do Verdugo, sendeiros pola zona baixa de Saramagoso. Variacións continuadas de paisaxes (ribeira, monte baixo, cotas, sendas, viñedos, zonas semiurbanas e zonas rurais), onde se farán paradas interpretativas.

Prazo de inscrición xa aberto ata o 5 de abril. Será necesario inscribirse previamente porque as prazas son limitadas. A inscrición faise a través deste formulario en google:  INSCRICIÓN EN LIÑA

 

Os seguintes roteiros están programados para os meses de maio e xuño e o prazo de inscrición abrirase en abril.

 

6 de maio 

ROTEIRO: "Polas sendas da pesca"

Breve descrición:A ruta comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai en Sobral e discorre todo o tempo a por ambas marxes do río Oitaven. No noso camiño teremos ocasión de aprender algo máis sobre a dinámica do río, as súas árbores e con algo de sorte, ver algúns dos animais que teñen aquí o seu fogar. Tamén poderemos visitar un par de muíños agochados entre a vexetación. E se o tempo acompaña, ao finalizar, poderemos gozar dun baño nas augas claras e frescas do río.

 

10 de xuño:

ROTEIRO: "Polas Illas de Sálvora e Ons"

Breve descrición: a actividade consistirá en realizar dous roteiros pero nesta ocasión serán pola Illa de Sálvora e pola Illa de Ons, dous arquipélagos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, único Parque Nacional que temos na nosa Comunidade Autónoma. En ambos roteiros trataranse aspectos naturais pero tamén culturais, xa que ambas illas tiveron poboación nalgún momento. Durante a xornada non se camiñará todo o día senón que haberá descansos e tamén hai que ter en conta os traslados de ida, de volta e entre illas.    Pola tarde, haberá tempo libre e tamén a posibilidade de participar nunha actividade lúdica dirixida a todas as idades con contido medioambiental.

Máis información na OMIX ou na web http://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-educacion/roteiros-medioambientais


Formulario en Liña ROTEIRO: "Os vellos camiños da Montesiña"

Visto 734 veces

Os titulares de Educación

2º acción voluntaria! Imos informar e concienciar

13-06-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas...

5 de xuño. Festa do Medio Ambiente en Talorío

01-06-2018 / Educación

Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño o Concello de Soutomaior ten previsto un programa de actividades que se realizarán en Talorío ...

Visita didáctica á Horta Municipal

25-05-2018 / Horta Urbana Ecolóxica

Escolares de 1º da ESO do Colexio M. Padin Truteiro visitaron hoxe a Horta Municipal. Acompañados polo profesorado do centro e dentro do programa formativo das materias de Bioloxía puideron...

2 de xuño: Hoxe imos limpar. Voluntariado e educación medioambiental

22-05-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

Si quero, colaborar é unha iniciativa do Concello de Soutomaior que promove o voluntariado en diferentes áreas de intervención. Encadrada dentro do Plan Municipal de Voluntariado nesta ocasión este programa...