Este roteiro encádrase dentro do programa Roteiros medioambienais: coñece o teu Concello e Arredores. Con este programa o Concello de Soutomaior quere poñer en valor os recursos medioambientais do noso Concello e promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a natureza e patrimonio que nos rodea. Educar no respeto e o coidado á natureza son valores imprescindibles para promover aptitudes sostibles co noso planeta. Como en roteiros anteriores, da man dunha guía experta na materia e coñecedora do territorio as persoas inscritas percorrerán diferentes paisaxes e observar desde outro punto de vista a natureza que nos rodea.
O seguinte roteiro será: "Os recunchos de Aranza" o domingo 28 de MAIO
Breve descrición: coñecer as paisaxes de Aranza. Partiremos da zona máis baixa, a carón do río Oitavén e subiremos ata case 300m. Visitaremos os socalcos e algunha zona de monte alto, teremos vistas aos canóns do Oitaven, camiñaremos entre muros antigos e poderemos remollar os pés nas pozas de Aranza, para regresar polas intrincadas rúas da zona.
Características: 9,3 kms. Circular. Dificultade media-alta; desnivel alto.Terreo irregular que pasa por variedade de camiños, estreitos, empedrados con auga... Aconséllase calzado de camiñar e resistente á auga.
Tempo estimado:3 horas e media ou 4, dependendo do grupo.
Ferramentas: Mapa e brúxula.
Hora: 10:30 - 13:30.
As persoas interesadas en participar terán que anotarse previamente na OMIX, Tel.. 986700822 porque as prazas son limitadas
Información: www.soutomaior.com