Image
É un programa de educación e sensibilización medio-ambiental no que se implican varios departamentos: Educación, Medio ambiente e Voluntariado co fin de promover iniciativas mediante as cales os veciños e veciñas poidan implicarse e formarse para participar en accións de voluntariado na natureza.

2º acción voluntaria! Imos informar e co…

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas sesións, unha primeria que se realizará o martes 26 de xuño na Carballeira de Arcade durante ca cal se prepararán a modo de obradoiro deseño da campaña informativa sobre os malos usos dos resisuos e a segunda sesión que se realizará o domingo 15 de xullo xa será a acción...

COLECTORES

Probablemente estarás pensando que debería haber un colector neste lugar.

Pois debes aprender que este é un sitio natural e non urbano. A colocación de colectores de lixo, ademais do impacto visual que xeran, son difíciles de recoller habitualmente polo difícil acceso. Isto acarrea un problema de acumulación coas seguintes consecuencias: mal cheiro, insectos, roedores, infeccións, esparcemento…

Asi que tal como trouxeches as túas cousas, debes volver a levalas. Todo é acostumarse, polo ben de todos e da natureza.

Image

Si non atopas un colector...

...ti, que farías?

Colectores
Image

As cabichas

As cabichas están feitas con acetato de celulosa, que tarda 10 anos en degradarse. Pero iso non é o peor.

TÓXICO

Estan feitas para que reteñan os compoñentes do tabaco, altamente tóxicos.

QUIMICOS

Cando entran en contacto coa auga liberan eses compostos

CONTAMINANTE

Unha soa cabicha contamina 8 litros de auga.

INTOXICACIÓN

Se son inxeridas por animais provócanlles unha intoxicación.

Image

Si fumo ao aire libre...

...ti, que farías?

Cabichas

Os plásticos
son un grave problema.

Tardan moito en degradarse, causando polo camiño moitos danos á fauna, e cando se van desfacendo, desprenden os componentes tóxicos cos que están feitos. Debemos ter especial coidado de depositar estes resíduos nos lugares axeitados (colectores de reciclaxe) para que non acaben na natureza de forma accidental.

Image

Si te atopas con plásticos...

...ti, que farías?

Plásticos
Image

Biode(sa)gradables

Xa xa, que son biodegradables.

Realmente os resíduos orgánicos son un problema na natureza. Ademais, do impacto visual e paisaxístico, este lixo atrae seres que consideramos non desexados, como roedoes, bacterias, gaivotas...

Image

Si levas comida...

...ti, que farías?

Biode(sa)gradables

O papel hixiénico
está feito con celulosa

e tarda uns 3 meses en degradarse.

Cando deixas un papel despois de orinar no monte, contribúes a que máis xente faga o mesmo.  Os panos de papel deben recollerse ó igual que o resto de residuos de hixiene, como por exemplo: tampóns, compresas, etc. porque ademais de ser moi desagradable cando te atopas con eles son un foco de infeccións.  Ninguén ten porque atoparse na natureza con estes recunchos cheos de restos desagradables e contaminantes. E, coidado, non penses en queimalos (lembremos o incendio no 2016 na Palma, por este motivo) nin enterralos (xa que coas choivas e movementos naturais de terras poden volver saír á superficie). A opción máis respetuosa co medio e co resto de persoas que visitan ese lugar é LEVAR ESTES RESIDUOS DE VOLTA, na túa mochila ou na bolsa de lixo. Si te organizas podes facelo estando limpo/a,  ti e a natureza.

 Cando chegues á casa ou a un lugar onde haxa colectores poderás tiralos no seu sitio.

Image

Si vas pasear polo monte ...

...ti, que farías?

Papel Hixiénico e outros residuos de hixiene

A túa mascota

Aínda que non che de noxo o excremento do teu animal iso non significa que deba estar presente en espazos públicos. Podes evitalo recollendo esa caca e debes facelo por civismo e respeto ao resto de animais e persoas coas que convives. Non é agradable, é antihixiénico  e atrae animais que  transmiten enfermidades. É unha guarrada sentar no chan se hai restos ou non podes facelo  porque o campo está minado!!

Image

Si teu can fai excrementos ...

...ti, que farías?

Mascotas

Canto tardan en degradarse os teus residuos?

Todo o que non pertence ao lugar e que xeramos nós é un residuo, polo que debemos levalo con nós. A natureza, si está sana, non precisa nada do que lle queiramos aportar. Si estás neste lugar é porque disfrutas del. Gustache estar sentado/a a carón do lixo dos demais? Da exemplo!

Image

Si tes que botar o lixo...

...ti, que farías?

Tempo degradación