Martes, 17 Abril 2018 17:19

Participa na 1ª acción voluntaria medio ambiental "Hoxe imos limpar"

O Concello de Soutomaior pon en marcha un novo  programa de educación e sensibilización medio ambiental no que se implican varios departamentos: Educación, Medio ambiente e Voluntariado. Dentro do Plan Municipal de Voluntariado nacen as iniciativas SI QUERO, COLABORAR co fin de promover a participación dos veciños e das veciñas e a súa implicación en accións de voluntariado que contribúan á reducción do impacto que a acción humana ten sobre o Patrimonio Natural promovendo unha educación ambiental que conciencie e sensibilice sobre a necesidade de mudar as nosas prácticas de consumo e tamén que nos sirvan para coñecer mellor os recursos naturais e como debemos conservalos e protexelos.

Como funciona o programa?

As persoas interesadas en participar nestas accións inscribiranse, mediante un proceso moi sinxelo, no programa e así formarán parte do Plan Municipal de Voluntariado que lles dará cobertura legal a todas estas accións.

Dentro do programa ofertaranse varios tipos de actividades en función do espazo natural no que vai a intervir e as súas problemáticas.  As primeiras dúas accións serán sobre residuos en praias e ríos e a terceira acción será sobre a identificación de flora autóctona e alóctona no noso concello para a que faremos un caderno de campo. Desenvolveranse neste ano 2018  e serán levada a cabo por profesionais na materia que combinarán formación, explicacións técnicas, a acción concreta, o lúdico, a convivencia e a práctica de actividades  saudables.

A primeira das acción HOXE IMOS LIMPAR levarase a cabo nunha pequena praia de Arcade o sábado 2 de xuño de 10.00 a 13.30 h. O lugar de partida será o Multiusos.

Para participar é obrigatorio inscribirse previamente  PORQUE cada acción forma parte do Plan Municipal de Voluntariado e a lexislación esixe que as persoas voluntarias estén dadas de alta para así contratar os seguros de RC,  garantir os seus dereitos e tamén que sexan informados/as das súas obrigas (Lei 3/2000, de decembro do Voluntariado de Galicia).

A inscrición realizarase a través do formulario EN LIÑA e logo haberá que entregar a documentación na OMIX. 

 

18-si-quero-colaborar.jpeg

CONVOCATORIAS / Plan Municipal de Voluntariado
Acción 1: Hoxe imos limpar
Inscricións ata: Venres, 25. Mayo 2018
Datas do: 02-06-2018 o: 02-06-2018
Destinatarios: +12 (menores acompañados) 

INSCRICIÓN EL LIÑA


Descargar adjuntos:

18-Compromiso-colaboracion-voluntariado_1.pdf (35 Descargas)
Visto 535 veces

 
 

Os titulares de Educación

2º acción voluntaria! Imos informar e concienciar

13-06-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas...

5 de xuño. Festa do Medio Ambiente en Talorío

01-06-2018 / Educación

Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño o Concello de Soutomaior ten previsto un programa de actividades que se realizarán en Talorío ...

Visita didáctica á Horta Municipal

25-05-2018 / Horta Urbana Ecolóxica

Escolares de 1º da ESO do Colexio M. Padin Truteiro visitaron hoxe a Horta Municipal. Acompañados polo profesorado do centro e dentro do programa formativo das materias de Bioloxía puideron...

2 de xuño: Hoxe imos limpar. Voluntariado e educación medioambiental

22-05-2018 / Educación

Si quero, colaborar é unha iniciativa do Concello de Soutomaior que promove o voluntariado en diferentes áreas de intervención. Encadrada dentro do Plan Municipal de Voluntariado nesta ocasión este programa...