Xoves, 27 Abril 2017 16:14

Primeiros froitos da Escola Municipal de Horta Urbana Ecolóxica

O pasado 11 de febreiro o Concello de Soutomaior puxo en marcha este proxecto formativo e de sensibilización medioambiental  mediante o cal se pretende promover unha conciencia máis solidaria co medio e tamén un consumo máis responsable tanto no eido da saúde como no que ten que ver coa elección dos productos que consumimos e da súa procedencia. O proxecto consta de varias fases. A primeira consistiu na realización dun curso de iniciación á horta ecolóxica totalmente práctico mediante o cal as persoas inscritas aprenderon a deseñar e preparar os bancais, fixeron o laboreo e acolchado, definiron o que é a horta de tempada, plantaron diferentes plantas entre elas aromáticas e prepararon tratamentos fortificantes e protectores para enfrontarse ás posibles pragas dun xeito natural e integrado seguindo os tempos da biodinámica.

Unha vez rematada esta primeira fase o alumnado agora inicia a segunda parte na que a través do seguimento e titorización da mestra continuarán aprendendo todo o necesario para ser uns bos hortelanos e hortelanas. Pasados estes meses a horta comeza a dar os seus primeiros froitos: rábanos, fresas, etc. e isto aumenta a súa motivación.

O sábado 22 de abril  o alumnado estivo aprendendo a realizar o "bocashi" é dicir un producto resultante dun proceso de fermentación que acelera a degradación da materia orgánica animal ou vexetal e que ten a súa orixe na cultura xaponesa. A aplicación na horta deste tipo de abono é moi interesante porque aumenta a biodiversidade microbiolóxica do chan.

O alumnado, moi implicado no proxecto, destaca que participar na horta resúltalles moi gratificante porque sírvelles para liberar tensións, para conversar con outras persoas, para compartir experiencias e para aprender un pouco máis sobre agricultura. Nesta segunda fase as persoas inscritas poden ir acompañadas das súas familias, tamén inscritas no proxecto, converténdose a actividade nun lugar de encontro e esparcimento onde educar en valores solidarios, de cooperación e respeto nun medio natural e ao aire libre.

Ademais, destacamos tamén a labor divulgativa que se realiza e as sinerxias establecidas con outros grupos e persoas, como por exemplo, co alumnado do curso de monitores/as de tempo libre que estamos a realizar no multiusos porque este sábado pasado os mozos e mozas achegáronse á horta para poñer en práctica varias dinámicas de animación e compartir experiencias cos hortelanos e hortelanas.

En  agosto, este grupo verá culminado o seu proceso formativo e dará paso a outras persoas para que poidan participar e continuar co seu legado que está sendo toda unha mostra de bo facer, de solidariedade e de compañerismo. Continuándose así coa labor iniciada polo Concello, a través das Concellería de Educación e Medioambiente.

 

 

 


Visto 821 veces

 

Os titulares de Educación

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: Imos informar e concienciar. Acción voluntaria

13-07-2018 / Si quero, colaborar

O  Concello de Soutomaior promove a educación medio ambiental baixo o lema SI QUERO, COLABORAR. Este programa iniciado no ano 2018 xa vai pola segunda acción que concluirá este domingo...

Ampliación de prazo e de idade Aventura en inglés

27-06-2018 / Educación

O Concello de Soutomaior  amplía o prazo para participar na actividade AVENTURA EN INGLÉS ata o 19 de xullo de 2018. Tamen se fai unha modificación na idade podendo participar...