Martes, 14 Febreiro 2017 16:06

Inicio da Escola Municipal de horta urbana ecolóxica

O pasado sábado 11 de febreiro o Concello de Soutomaior iniciou o proxecto de "Escola Municipal de Horta urbana ecolóxica".

Este proxecto de educación e sensibilización medioambiental que implica a varias Concellerías baséase no respecto profundo á natureza e ós seus diferentes ecosistemas, procurando un cultivo racional con medios naturais que conserven as características do chan e o enriquezan ano tras ano; por iso, utilizaremos técnicas agrícolas respetuosas co medio Ambiente que recollan o saber tradicional e a biodinámica.

A Escola Horta comeza cun curso de iniciación á agricultura ecolóxica que se desenvolverá ata o 25 de marzo durante o cal o alumnado deseñará os bancais para laboreo, acolchado, plantación de horta de tempada para logo traballar aromáticas, recoñecemento de pragas, etc.Cando rematen esta formación con éxito terán poderán conseguir a titularidade temporal da parcela/horta ata o mes de agosto titorizados pola docente do curso.

É un proxecto aberto coa condición de estar empadroados/as en Soutomaior, ter a idade mínima para ser titular dunha parcela/horta e as condicións óptimas para desenvolver da labor agrícola (consultar requisitos de acceso no caso de que haxa máis solicitudes que oferta).

A cesión das parcelas nesta Escola Municipal de Horta Urbana Ecolóxica concíbese como unha actividade de interese xeral de balde que favorece o medio ambiente da vila e a recuperación da “cultura da horta”, ameazada, conservando aspectos, usos e tradicións ligadas á nosa cultura rural.

Está prevista unha segunda fase para a horta de inverno a partir de setembro na que poderán participar novas persoas interesadas.

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Multiusos de Arcade, Rúa Peirao 8 - 36690
Telf: +34 986 700 822 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
Horarios: Luns a venres de 15,30 h a 20,30 h agás os Mércores de 9,00 a 14,00 h


Visto 594 veces