Luns, 30 Abril 2018 16:13

Aprendendo en familia: novos obradoiros e temas de interese para educar

O Concello de Soutomaior pon en marcha dúas novas sesión do programa APRENDENDO EN FAMILIA. Nesta ocasión tocaremos novos temas de interese pero dun xeito moi práctico porque durante as sesións as familias participarán en xogos de rol e dinámicas para traballar a partir de casos prácticos novas habilidades e recursos que os poidan axudar a mellorar o seu traballo como educadores/as.

A familia ten unha función clave na socialización do individuo e contribúe decisivamente ao seu desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Exerce unha influencia moi importante na conduta dos nenos/as e nos estilos de vida dos/as adolescentes. Na familia adquírense e desenvólvense as actitudes, crenzas, valores, hábitos, estilos de vida e comportamentos que influirán no modo en que os fillos/as se enfronten á vida e, por tanto, a actuación familiar pode contribuír a evitar o desenvolvemento de problemas.

 

Os temas para este trimestre son:

 

escola-pais-1.jpg

1º SESIÓN 
Como establecer unha boa comunicación para fixar límites e normas
Data: 07 Mai 2018 / 05:00PM - 07:00PM
Lugar da actividade: Multiusos de Arcade 

 

 

escola-pais-2.jpg

2º SESIÓN. 
Fomentar a autoestima saudable para combatir o acoso
Data: 04 Xun 2018 / 05:00PM - 07:00PM
Lugar da actividade: Multiusos de Arcade

 

Ambas sesións son de balde! Haberá actividades específicadas para os máis pequenos/as durante as sesións así que se poderá acudir con eles/as para que poidan participar en actividades lúdicas mentras que os pais e nais participan nos obradoiros.

 


Publicado en Escola de Pais
Visto 150 veces