Venres, 26 Mai 2017 20:00

Charla sobre o acoso escolar

O Concello de Soutomaior en colaboración co departamento de orientación do centro CPI M. Padín Truiterio ten programada para este martes 30 de maio de 18 a 19,30 h unha nova sesión do programa de Escola de Pais e Nais. Esta ocasión trataremos o tema do acoso escolar para que as familias poidan formarse sobre:
 
1. O acoso escolar: conflito vs. maltrato.
2. A quen outorgamos a responsabilidade?
  • Pais/ nais/ familia.
  • Alumnado
  • Mestres/as centro educativo.
3. Como detectar o acoso dende a familia?
  • A vítima.
  • Agresor/a.
  • Observadores/as.
4. Sospeito que o meu/miña fillo/a pode estar sufrindo acoso escolar, é agresor/ a ou observador/a … ¿e agora que fago?.
5. As consecuencias do bullying.
 
Todos estes temas traballaranse durante a  sesión formativa realizando distintas actividades ou dinámicas que involucrarán ás familias usando técnicas participativas e resolución de casos reais nos que se falará das responsabilidades de todos os axentes da comunidade educativa e tamén procurarán solucións.
 
A sesión vai dirixida a familias do alumnado de 5º e 6º de primaria do CPI M. Padin truiteiro. Poderedes asistir con menores porque haberá unha monitora que se encargará de realizar actividades lúdicas con eles/as mentras os pais e nais asisten á sesión.

Publicado en Escola de Pais
Visto 779 veces

Que é

 

Un lugar de encontro onde pais e nais e resto de membros da unidade familiar tentan buscar estratexias para mellorar a relación cos fillos e fillas e a súa educación.