Normas da Biblioteca

 

NORMATIVA SOBRE PRÉSTAMO

O carné permítelles levar en préstamo un máximo de 11 documentos, repartidos da siguinte forma:

 
TIPO DE DOCUMENTO CANTIDADE PERIODO RENOVACIÓNS
LIBRO 3 15 días 1 – 15 días
REVISTA 3 15 días 1 – 15 días
VÍDEO /DVD (Película) 1 7 días Non
VÍDEO / DVD (Documental) 1 7 días Non
CD (Música) 2 7 días Non
CD-ROM (Tutoriais e xogos) 1 15 días Non

 

Durante a TEMPORADA DE VERÁN, entre os meses de xullo e agosto, a norma de préstamo poderá variar, de modo que se aumente o número de documentos que poidan ser retirados. Ademais, excepcionalmente, flexibilizaráse o período durante o cal cada usuario pode dispoñer dos mesmos, en caso de que o prazo de 15 días sexa insuficiente, facendo indicación expresa de tal circunstancia no momento de solicitar dito préstamo.

 

NORMAS DA BIBLIOTECA

 

  • RESERVAS - Se o lector quere levar un exemplar que está prestado, pode facer unha reserva na propia biblioteca ou polo teléfono. - O prazo para recollelas reservas e de 3 días dende que o usuario foi avisado. Se non se levan nese tempo, quedarán anuladas. - Non se poderán renovar os exemplares que teñan reserva.

 

  • DEVOLUCIÓNS - O material emprestado devolverase preferentemente no mostrador. - Si se deixa no buzón e ouvera algún extravío o usuario tera que facerse cargo da sua reposición. - Un exemplar non podera estar mais dun mes e medio no mesmo fogar, por razóns de seguridade e mantemento.

 

  • SANCIÓNS - Por cada día de demora na devolución do préstamo corresponde un día de sanción sen poder utilizar o servizo de préstamo. Ademáis, os días de sanción multiplicaranse polo número de materiais que se devolveron con demora. - Quen extravíe un libro ou outro material, deberá adquirir un novo exemplar do mesmo título, co obxecto de repoñelo na biblioteca. No caso de que o libro estea agotado ou sexa moi difícil a súa adquisición, indemnizaráse a biblioteca.

 

  • DUPRICADOS - En caso de perda do carné de socio poderase facer un dupricado.
    • Maiores de 18 anos Poderan facer un dupricado gratuito. Apartires do segundo dupricado tera un custo de 2 € polo gasto de material.
    • Menores de 18 anos A parte da consideración anterior, poderan renovar o seu carné cada 5 anos, para unha mellor identificación.

Visto 7 veces