Mércores, 28 Febreiro 2018 12:30

Aberto o prazo de inscrición

Concurso en lingua galega Verbas para comunicar 2018

Achégase o día da conmemoración da lingua galega e o Concello de Soutomaior abre o prazo para participar no XI Concurso Verbas para comunicar. Este concurso nace co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade para que a os mozos e mozas a usen  tanto en contextos formais como informais, para que a se comuniquen en lingua galega e poidan expresar a través da nosa lingua emocións, sentimentos ou opinións. O concurso vai dirixido a mozos e mozas en idades comprendidas entre os 12 e 20 anos e conta con dúas modalidades: a de redacción e a audiovisual. A modalidade audiovisual incorporouse en 2017 co fin de promover a lingua galega tamén na tecnoloxía porque é un medio de comunicación moi utilizado pola mocidade e non se poden quedar atrás un espazo con tanta relevancia. Ademais, na modalidade audiovidual permítese presentar traballos en grupo polo que tamén se favorece así o traballo en equipo e se potencia o uso da lingua entre iguais.

O prazo de presentación de traballos finaliza o 4 de maio de 2018 ás 20.30 h na OMIX

As bases do concurso pode descargalas de abaixo, tamén están colgadas na web do Concello e tamén se poden pedir na OMIX. Tel. 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 


Descargar adjuntos:

18-BASES-XI-Concurso-Verbas.pdf (242 Descargas)

Información adicional

  • Inscricións ata: Venres, 04 Mai 2018
Visto 310 veces

 

Verbas para... comunicar

 

Promoción do uso da lingua galega entre a mocidade
e conmemoración do día das Letras Galegas.

 

 

Os titulares de Xuventude

Participa na 1ª acción voluntaria medio ambiental "Hoxe imos limpar"

17-04-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior pon en marcha un novo  programa de educación e sensibilización medio ambiental no que se implican varios departamentos: Educación, Medio ambiente e Voluntariado. Dentro do Plan...

Novos cursos e actividades

03-04-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para novos cursos de formación cun enfoque teórico práctico que permita ás persoas a través dunha breve estadía de prácticas, realizadas...

Encontro da mocidade en San Simón: Vinte mil leguas de viaxe submarino, 2018

20-03-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior publica as bases para participar no Encontro da mocidade que se realizarán en San Simón desde o 20 a 23 de agosto de 2018.  Con este programa...

Aberto o prazo de inscrición: depoaventura e campamentos polideportivos.

07-03-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior informa que a Deputación de Pontevedra xa publicou as bases para participar no programa DEPOAVENTURA e no programa CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS. Para recibir información e para poder...