Venres, 19 Mai 2017 17:12

Letras galegas 2017

Acto de entrega premios concurso Verbas para Comunicar

O Alcalde, Agustin Reguera, e a Concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo, entregaron este venres 19 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar organizado polo día das Letras Galegas. Este concurso que nace co fin de promover o uso da nosa lingua  entre a xente nova tanto en contextos formais como informais vai xa pola súa décima edición.

Asistiron a esta gala arredor de 450 escolares en idades comprendidas entre os 12 e 20 anos matriculados no Colexio Padin truiteiro e no Colexio Santiago Apostol. A participación no concurso foi alta, participaron en total 276 persoas repartidas entre as categorías A  e B nas modalidades de redacción e audiovisual. Por primeira vez, este ano, as bases contemplaban unha modalidade audiovisual que agardamos teña moito éxito para vindeiras edicións pois este formato vai moi ligado ás canles de comunicación máis usadas  pola mocidade e cremos pode ser un instrumento de difusión de moita utilidade para que a nosa lingua chegue cada vez a máis xente.

A Gala estivo presentada por dous actores que usando o recurso da improvisación teatral amenizaron este acto e convidaron aos rapaces e rapazas a participar no guión.

Unha vez máis queremos agradecer a colaboración e implicación dos centros educativos porque eles son parte fundamental no éxito deste concurso.


Descargar adjuntos:

PREMIADOS-Verbas-para-Comunicar-2017.pdf (463 Descargas)

Información adicional

Visto 1281 veces

 

 

Os titulares de Xuventude

Letras galegas 2018. Premios do concurso Verbas para comunicar

16-05-2018 / Xuventude

O Alcalde, Agustin Reguera e a Concelleira de Xuventude Noelia Ocampo entregaron este  martes 15 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar. Este  concurso  organízase co fin de promover...

O 4 de maio pechamos o prazo para participar no Concurso "Verbas para comunicar". Letras Galegas 2018

02-05-2018 / Xuventude

Este venres 4 de maio remata o prazo para presentar os traballos para o XI Concurso Verbas para comunicar. Este concurso nace co fin de promover o uso da lingua...

Xa está aberta a inscrición en liña para o roteiro de Ons e Sálvora e outras actividades

25-04-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición nos próximos roteiros. O primeiro roteiro será "Polas sendas da pesca" que se realizará o domingo 6 de maio. O seguinte...

Participa na 1ª acción voluntaria medio ambiental "Hoxe imos limpar"

17-04-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior pon en marcha un novo  programa de educación e sensibilización medio ambiental no que se implican varios departamentos: Educación, Medio ambiente e Voluntariado. Dentro do Plan...