Mércores, 08 Xullo 2015 09:57

Bautismo de Surf

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior organiza un actividade de "BAUTISMO DE SURF" que se levará a cabo na Praia de Patos, no Concello de Nigrán.  O obxectivo desta actividade é achegar á mocidade este deporte a través da participación nun curso de iniciación ao surf impartido por profesionais das Beach Escolas. Vai dixirido a mozos e mozas de 12 a 35 anos. O monitores/as organizarán grupos de idades para ensinarlles a coñecer os materiais, arrancar, control da táboa, dirixir e xirar. Esta actividade ten un carácter lúdico xa que ademais da formación específica neste deporte os/as participantes ao remate poderán gozar dun día de praia e dunha visita cultural pola zona. 

As persoas interesadas en participar nesta actividade terán que inscribirse previamente na OMIX antes do día 17 de xullo xa que as prazas son limitadas. Poderán obter máis información sobre a actividade nesta oficina. 

A actividades realizarase o domingo 26 de xullo e durará todo o día. Partirase en autobús desde diferentes puntos do Concello para ir todos xuntos e logo regresar do mesmo xeito. A organización da actividade inclúe o material, o xantar, desprazamentos e visitas.

Máis información: OMIX, 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

OBSERVACIÓNS: Produciuse un cambio na data. Realizaremos esta actividade o xoves 30 de xullo de 2015.


Publicado en Quedadas! para...
Visto 3024 veces

Os titulares de Xuventude

Festiflow

19-07-2018 / Xuventude

O venres 3 de agosto a parir das 19.30 h no Peirao de Arcade terá lugar o F3STIFLOW. O Concello de Soutomaior pon en marcha esta nova proposta de lecer...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Obradoiro de ecopercusión para o verán: música e reciclaxe.

03-07-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca un obradoiro de ecopercusión dirixido á mocidade para iniciarse no mundo da percusión partindo de elementos de reciclaxe que se convertirán en instrumentos musicais. Con...