Xoves, 10 Decembro 2015 19:38

Quedada! para despedir o ano

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior organiza unha QUEDADA! para despedir o ano 2015. Esta actividade que se levará a cabo na antiga escola de Alxán vai dirixida a público xuvenil a partir de 12 anos que queiran pasar unha tarde divertida  e creativa.

Haberá obradoiros de cake pops, cócteles sen alcol e break dance. Os obradoiros comezarán  ás 18,30 h e rematarán aproximadamente arredor das 20,00 h. A partir desta hora comezará a festa que se iniciará cunha actuación en directo dun grupo de rap local que se chama Cloverclap. Durante a festa contaremos cun DJ e con máis sorpresas! A festa rematará ás 21,30 h

Para poder participar nesta actividade é necesario acceder con entrada anticipada que se pode mercar desde xa, por 1€ na OMIX no Multiusos en Arcade.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Publicado en Quedadas! para...
Visto 3013 veces

Os titulares de Xuventude

Festiflow

19-07-2018 / Xuventude

O venres 3 de agosto a parir das 19.30 h no Peirao de Arcade terá lugar o F3STIFLOW. O Concello de Soutomaior pon en marcha esta nova proposta de lecer...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Obradoiro de ecopercusión para o verán: música e reciclaxe.

03-07-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca un obradoiro de ecopercusión dirixido á mocidade para iniciarse no mundo da percusión partindo de elementos de reciclaxe que se convertirán en instrumentos musicais. Con...