Mércores, 14 Decembro 2016 12:58

Charlas e obradoiros nos centros educativos. Programa xuvenil de prevención de conductas de risco.

Un ano mais, o Concello de Soutomaior inicia o programa A TÚA SAÚDE TI DECIDES!. Trátase dun  conxunto de accións organizadas coa finalidade de previr conductas de risco no ámbito xuvenil que vai dirixido a alumnado de PRIMARIA E ESO que estuda nos centros educativos do municipio. Este programa comeza este xoves 15 de decembro no CPI Padin Truiteiro e ten prevista a súa data fin para o mes de abril de 2017.

O obxectivo xeral deste programa dentro da área de prevención de conductas de risco é o de crear espazos de reflexión acerca do papel que xogamos na sociedade como individuos e como membros dun grupo, analizar os motivos que levan ao consumo de drogas en base á propia identidade, analizar como en base a determinados valores e crenzas nos relacionamos afectiva e sexualmente e cales son as nosas actitudes ante todos estes temas.

Outra das cuestións a tratar son as derivas do uso das tecnoloxías da información e comunicación e os perigos que hai cando se produce uso abusivo e inadecuado destas. Reflexionado no como, porque e para que as usamos.

O programa consta de dúas partes:

1º PARTE:

Charlas - obradoiros:

  • Habilidades sociais. Entrenamento preventivo
  • Prevención de drogodependencias e outras adiccións
  • Prevención de problemas asociados ás novas tecnoloxías
  • Prevención de conductas de risco no ámbito afectivo – sexual
  • Adiccións: saúde e aspectos legais

2º PARTE:

Formación en mediación

  • Formación en mediación e conflicto. Participantes: 1º e 2º ESO

Este curso vai dirixido a adolescentes coa finalidade de que adquiran unhas nocións básicas sobre a xestión de conflicto e a figura de mediación. Tocamos temas como: definición de conflito, tipo de conflitos, xestión do conflito, pros e contras do conflito, consecuencias derivadas do cando están mal xestionados, a figura e rol da persoa mediadora, recursos de mediación no centro educativo e fóra.

O departamento de Xuventude do Concello de Soutomaior pon en marcha estas e outras iniciativas educativas, en colaboración cos centros escolares, coa finalidade de optimizar a formación global do alumnado e mellorar así o potencial do alumnado no seu desenvolvemento persoal e social.

Os obradoiros teñen un carácter eminentemente práctico e reflexivo e son impartidos por persoas con ampla experiencia no traballo coa mocidade e cunha formación ampla nos temas a tratar. O calendario do programa péchase conxuntamente cos departamentos de orientación dos centros así como os contidos e metodoloxía das sesións tendo en conta as idades dos grupos cos que traballamos. Son os centros os que deciden que temas abordar en cada curso e con que alumnado en función das necesidades de cada curso.


Visto 1814 veces

Programa de Prevención
de Conductas de Risco

 

Os titulares de Xuventude

Concurso de Karaoke 2018. Prazo de inscricións aberto ata 28 de xuño

18-06-2018 / Xuventude

Ábrese o prazo de inscrición para participar no Concurso de Karaoke 2018 que se celebrará o sábado 7 de xullo ás 22.30 h no Multiusos en Arcade.As persoas interesadas poden...

Domingo 1 de xullo. Cultura Urbana e Arcade JAM 2018

13-06-2018 / Festival de Cultura Urbana

Ábrese o prazo para inscribirse nas actividades do Festival de Ciultura Urbana que organiza o Concello de Soutomaior. Nesta edición contamos cun programa variado de actividades que abarcan desde o...

2º acción voluntaria! Imos informar e concienciar

13-06-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas...

Programa Xuvenil para os meses de verán

07-06-2018 / Xuventude

Convócanse novas actividades para os meses de verán para a poboación xuvenil do municipio. O Concello de Soutomaior promove un programa no que se inclúen actividades de formación e de...