Organizado polo Concello de Soutomaior
en colaboración cos mozos e mozas do municipio.

Venres, 22 Setembro 2017 09:49

Inscricións en liña

III Festival de Cultura Urbana

As persoas afeccionadas ao BMX, Skate ou Hip-Hop, teñen unha cita ineludible este domingo 24 co III Festival de Cultura Urbana organizado polo Concello de Soutomaior. Un festival que pretende fomentar as formas de expresión cultural modernas entre as persoas novas e para iso encherá o Peirao de Arcade de música, baile, actividades e obradoiros culturais ademais de diversas demostracións e competicións deportivas de disciplinas tan novas como o parkour e o scooter.

A actividade comezará a partir das 11 da mañá cos primeiros obradoiros de Parkour e de personalización de gorras Trucker. Arredor das dúas da tarde, tras confirmar todas as inscricións para as competicións, comezarán os primeiros adestramentos libres supervisados e mostras de danza. Ás catro comezarán os obradoiros de Skate, Grafiti e Danzas rueiras ademais da competición Arcade Jam, que inclúe os campionatos de BMX e Scooter.

Arredor das nove da noite comezará a sesión musical, que contará coa participación de dúas DJ´s, e a demostración de Turntablism, unha forma de expresión musical que consiste en arranxar ou crear música mediante efectos de son e manipulación das rutinas de rotación e lectura dos discos de vinilo. A participación en todos os eventos é totalmente de balde e só é preciso rexistrarse a través do seguinte enlace ata o propio día 24.

A iniciativa xurdiu de varios grupos xuvenís locais afeccionados á música e á práctica deportiva de BMX interesados en promover actividades e afeccións entre as persoas máis novas do municipio para dar a coñecer as características da cultura urbana moderna. 


Información adicional

Visto 992 veces

Os titulares de Xuventude

Festiflow

19-07-2018 / Xuventude

O venres 3 de agosto a parir das 19.30 h no Peirao de Arcade terá lugar o F3STIFLOW. O Concello de Soutomaior pon en marcha esta nova proposta de lecer...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Obradoiro de ecopercusión para o verán: música e reciclaxe.

03-07-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca un obradoiro de ecopercusión dirixido á mocidade para iniciarse no mundo da percusión partindo de elementos de reciclaxe que se convertirán en instrumentos musicais. Con...