Organizado polo Concello de Soutomaior
en colaboración cos mozos e mozas do municipio.

Mércores, 07 Setembro 2016 11:03

II Festival Cultura Urbana

O festival realizarase o SÁBADO 17 DE SETEMBRO no Peirao de Arcade a partir das 11,00 h.

Este festival nace coa finalidade de atender as demandas recibidas por parte de diversos colectivos xuvenís da do municipio recollidas a través da Concellería de Xuventude. A cultura urbana esperta un gran interese entre a mocidade do municipio e así nace este festival, entendendo que este movemento cultural pode ser un escenario idóneo para que a mocidade se exprese a través das múltiples disciplinas que se inclúen: expresión plástica a través do graffiti, a expresión musical, a práctica deportiva como maneira de vivir e mantemento da forma física, etc.

Por todo isto, o programa deste ano inclúe unha serie de actividades que amplían a programación do ano anterior para chegar a un maior número de mozos e mozas tendo en conta as súas inquedanzas e intereses. Os mozos e mozas que participen neste festival poderá asistir de balde as seguintes actividades:

  • GRAFFITI
  • DANZA URBANA
  • PARKOUR
  • CAMPIONATO DE BMX E SCOOTER: RODANDO ARCADE JAM

As prazas son limitadas polo que haberá que inscribirse previamente na OMIX antes do sábado 17 no Multiusos (Arcade)

O programa, as bases do campionato e os formularios de inscrición xunto con toda a información están colgadas información na web www.soutomaior.com

A edil de Xuventude, quere agradecer a participación da mocidade na programación deste tipo de iniciativas porque son eles e elas os que fan que todo isto saia adiante implicándose con nós desde o primeiro momento.


Visto 3689 veces

Os titulares de Xuventude

Festiflow

19-07-2018 / Xuventude

O venres 3 de agosto a parir das 19.30 h no Peirao de Arcade terá lugar o F3STIFLOW. O Concello de Soutomaior pon en marcha esta nova proposta de lecer...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Obradoiro de ecopercusión para o verán: música e reciclaxe.

03-07-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca un obradoiro de ecopercusión dirixido á mocidade para iniciarse no mundo da percusión partindo de elementos de reciclaxe que se convertirán en instrumentos musicais. Con...