Xoves, 28 Xullo 2016 12:19

II Festival Cultura Urbana

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior convoca o II Festival de Cultura Urbana dirixido a mozos e mozas de 9 a 35 anos.

Este ano desde a Concellería quíxose completar a programación do Festival con novas propostas para que  a mocidade poida escoller en función dos seus intereses aquelas actividades nas que lle gustaría participar durante o festival.

A finalidade deste festival e promover os deportes urbanos e os hábitos saudables entre a mocidade pero tamén dar cabida á aprendizaxe de técnicas e habilidades en relación a tendencias culturais e artísticas que interesan á mocidade como por exemplo:

o graffiti, a danza urbana ou o Parkour. Ademais, da oferta de obradoiros sobre estes temas a Concellería en colaboración cun grupo de mozos e mozas que residen no Concello que pratican deportes urbanos organiza un campionato  en formato JAM nas modalides de BMX e SCCOTER.

O festival ten un compoñente formativo e lúdico nun contexto non formal de aprendizaxe e interacción. Realizarase durante todo o día o sábado 10 de setembro no Peirao de Arcade nas inmediacións da pista de Skate.

Despois da entrega de premios do campionato RODANDO ARCADE JAM e do sorteo de obsequios entre os/as participantes terá lugar un concerto no auditorio exterior do Multiusos a cargo de A GOLPE DE RAP BEATBOX con entrada libre.

 

Para poder participar en graffiti, parkour e Rodando Arcade Jam hai que inscribirse previamente porque as prazas son limitadas. O prazo de inscrición remata o 4 de setembro.

O Concello ten habilitado un correo electrónico para enviar as solicitudes que é: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A partir do 6 de setembro chamarase por teléfono ás persoas inscritas para comunicarlles a confirmación da praza.

O grupo BEEHIVES composto por un grupo de mozas que realizarán unha exhibición e logo serán quenes se encargarán da actividade de danza urbana na que se poderá participar libremente sen previa inscrición. 

O programa, as bases do campionato e os formularios de inscrición xunto con toda a información están colgadas información na web www.soutomaior.com

 


Visto 1649 veces

 

Festival

 

Organizado polo Concello de Soutomaior
en colaboración cos mozos e mozas do municipio.

 

Os titulares de Xuventude

Iniciamos 2018 con novas actividades

12-01-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca novas actividades programadas desde a Concellería de Xuventude dirixidas ao público xuvenil fundamentalmente pero abertas a todas as idades. Nestre primeiro trimestre do ano despegamos con...

Prepárate para obter a ESO

09-01-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca unha nova edición do curso preparatorio para a obtención da ESO. O prazo xa está aberto desde fai uns meses e quedan as  últimas prazas...

Este xoves 28 de decembro, cine no Multiusos: NERVE

26-12-2017 / Xuventude

Este xoves 28 de decembro o Concello de Soutomaior porxectará a película "Nerve, un xogo sin regras" en horario de 19:30 - 21:00 no Multiusos (Arcade). A película vai dirixida a público...

Entrega premios Concurso Postais 2017

18-12-2017 / Xuventude

O venres 22 de decembro ás 19.00 h no Multiusos en Arcade, o Concello de Soutomaior entregará os premios do XVI Concurso de Postais de Nadal. Despois de finalizar coa...