Luns, 20 Xuño 2016 19:28

Exposición " Os/as nosos/as artistas" Escola Municipal de Debuxo e Pintura

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior inaugurou este venres pasado (17 de xuño) a exposición "Os nosos/as artistas" coa que se pecha o curso da escola Municipal de Debuxo e Pintura. Nesta exposición participan 29 alumnos/as de todas as idades a partir dos 5 anos. Na exposición pódense ver obras moi variadas: desde acrílicos en papel ou lenzo ata óleos ou acuarelas, realizadas durante todo o curso que comezou en outubro e rematou neste mes de xuño. A exposición reflicto o percorrido realizado polo alumnado durante todo o curso e os seus avances pois cada persoa expón un par de obras, como mínimo.

A exposición poderá visitarse no Multiusos ata  o 30 de xuño de 2016. 

A edil de Xuventude, Noelia  Ocampo, quere agradecerlle a todo o alumnado o traballo realizado e sobre todo a súa implicación e participación nesta actividade que cada ano cobra unha maior importancia. É grazas a eles e a elas que podemos seguir fomentando actividades de índole artística e creativa para que a xuventude poida expresar os seus intereses e motivacións.

Xa está aberto o prazo de inscrición para o seguinte curso que se iniciará en outubro.

As fotos do Festival Danzarte xa se poden descargar na web https://picasaweb.google.com/103382886082081099635?noredirect=1


Visto 1859 veces

Os titulares de Xuventude

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Obradoiro de ecopercusión para o verán: música e reciclaxe.

03-07-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca un obradoiro de ecopercusión dirixido á mocidade para iniciarse no mundo da percusión partindo de elementos de reciclaxe que se convertirán en instrumentos musicais. Con...

Aprazado o festival de cultura urbana do domingo 1 de xullo

29-06-2018 / Xuventude

AVISO IMPORTANTE: FESTIVAL APRAZADO PARA SETEMBRO O Concello de Soutomaior comunica que o festival de cultura urbana que se ía realizar este domingo 1 de xullo e todas as actividades programadas...

Aquagym na praia da Muxeira, Peirao Arcade

28-06-2018 / Xuventude

O martes  3 de xullo comeza a actividade de aquagym  en horario de 18 a 19 h. O Concello de Soutomaior programa esta actividade para o mes de xullo co...