Martes, 31 Mai 2016 18:37

I Torneo Municipal de Xadrez do Concello de Soutomaior

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Xuventude convoca o seu I Torneo Amateur de Xadrez. Celebrarase este venres 3 de xuño no Multiusos Arcade de 19 a 21 h. Participarán todos os alumnos e alumnas da Escola Municipal e tamén outras persoas que se inscribiron previamente. Contamos coa asistencia do mestre internacional Pablo García, campión galego absoluto.

O sistema de xogo será o de torneo xuízo a 5 partidas.

A Escola Municipal naceu no ano 2008 coa finalidade de promover o xadrez como unha práctica deportiva organizada, para mellorar as condicións físicas e a calidade de vida da mocidade. Queremos dar a coñecer á xuventude de Soutomaior e ás persoas próximas  as posibilidades do deporte do Xadrez, non so dende unha perspectiva de ocio ou competición, senón que se cadra máis importante aínda, usado como ferramenta pedagóxica dentro do proceso educativo do alumno/a. Na escola tamén se fomenta ouso do galego para promover que a mocidade gocen e aprendan co Xadrez e melloren as súas habilidades linguísticas na nosa lingua.

Por isto, desde a Concellería de Xuventude animamos a todas as persoas a achegarse a este torno e pasar un rato divertido onde poderán disfrutar vendo como o alumnado exhibe todo o aprendido durante o curso.

As bases do torneo están colgadas na web www.soutomaior.com

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Visto 2370 veces

 

 

Os titulares de Xuventude

Concurso de Karaoke 2018. Prazo de inscricións aberto ata 28 de xuño

18-06-2018 / Xuventude

Ábrese o prazo de inscrición para participar no Concurso de Karaoke 2018 que se celebrará o sábado 7 de xullo ás 22.30 h no Multiusos en Arcade.As persoas interesadas poden...

Domingo 1 de xullo. Cultura Urbana e Arcade JAM 2018

13-06-2018 / Festival de Cultura Urbana

Ábrese o prazo para inscribirse nas actividades do Festival de Ciultura Urbana que organiza o Concello de Soutomaior. Nesta edición contamos cun programa variado de actividades que abarcan desde o...

2º acción voluntaria! Imos informar e concienciar

13-06-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas...

Programa Xuvenil para os meses de verán

07-06-2018 / Xuventude

Convócanse novas actividades para os meses de verán para a poboación xuvenil do municipio. O Concello de Soutomaior promove un programa no que se inclúen actividades de formación e de...