Xoves, 29 Xuño 2017 14:15

Representacións teatrais fin de curso Escola Municipal de Teatro

Este venres 30 de xuño e este sábado 1 de xullo o alumnado da Escola Municipal de Teatro representará as obras de fin de curso.

 

VENRES 30 DE XUÑO - ás 21,00 h

Grupo xuvenil 2: “Como a vida mesma” 

  • Sinopse: unha compañía de teatro importante, cancela a súa función minutos antes de comezar... os traballadores/as do Auditorio demostraran que todos levamos un actor ou actriz dentro improvisando unha peza teatral.

 

SÁBADO 1 DE XULLO  - ás 20,30 h

Grupo infantil: “Mamá gatiña”

  • Sinopse: trata dunha gata que tenta preparar a merenda dos seus fillos/as, pero uns ratos sempre lle comen o que prepara. Finalmente mamá gata prepara unha trampa para atrapar aos ratiños

Grupo xuvenil 1: “Os trasnos de Pitocairo” 

  • Sinopse:  na Vila de Pitocairo sempre suceden cousas extranas, os responsables son uns trasnos que viven no bosque. Pero cando deciden abrir unha fábrica altamente contaminante na vila, os trasnos e os nenos alíanse e atopan unha solución. 

 

As obras representaranse no Multiusos en Arcade. A entrada é de balde.


Visto 317 veces

A Escola

Escola Municipal de Teatro

A Escola Municipal de Teatro, do Concello de Soutomaior comezou a súa andaina no ano 2002. Desde o inicio do curso no mes de outubro a escola realiza moitas actividades ademais da preparación dunha obra que representa coincidindo co final das clases, saídas, exposición “A escola día a día”, festa de fin de curso,...

 

 


Descargar: Inscrición Escola Municipal de Teatro 2015-2016