Xoves, 25 Xuño 2015 13:26

Mostras teatrais de Clausura do curso da Escola Municipal de Teatro

Momento dos ensaios na Biblioteca Momento dos ensaios na Biblioteca / Foto: Gabinete de Prensa

A Escola Municipal de Teatro está composta por tres grupos; infantil, xuvenil 1 e xuvenil 2 que se organizan por idades. Cada grupo está composto por 20 mozos/as que durante todo o curso traballan os seguintes obxectivos:

  • Descubrir e fomentar os recursos expresivos e comunicativos dos/as nenos/as
  • Estimular a fantasía, desenvolver a imaxinación e as capacidades creativas.
  • Preparalos/as para o xogo dramático espontáneo e libre, vencendo a vergoña e a timidez e motivando o traballo en equipo, cooperativo e solidario ó tempo que se fomenta a non discriminación de xénero na interpretación de accións e personaxes.
  • Aprendizaxe activa e goce do noso folclore infantil poético (cancións, ditos, etc.) e dos xogos tradicionais galegos sen diferenciar entre os considerados pola tradición “xogos de nenos e de nenas”.
  • Desenvolver as destrezas manuais en todo tipo de actividades plásticas.
  • Concienciación sobre o coidado do contorno urbano e natural.
  • Fomentar o hábito da lectura como goce.
  • Familiarizar os/as nenos/as coa escoita de contos e a súa participación nas sesións de conta contos.
  • Favorecer a fluidez na expresión oral e escrita.

E para iso durante as clases traballamos distintas áreas como: expresión plástica, musical e dramática.

Realizando exercizos de: presentación, mobilización, sensibilización, dinámicas de grupos, xogo dramático, etc.

Cando o curso remata todo o alumnado participa nunha representación que se vai preparando nos últimos meses de cursos e que da lugar a unha mostra teatral que este ano será a seguinte:

VENRES 26 DE XUÑO
Actuacións do Grupo infantil (4-8 anos) e Grupo xuvenil 1 (9 a 12 anos)
Obra: “A primavera da aldea” ás 21,00 h
Sinopse: na aldea da Fontiña soamente hai dúas vellas e un montón de casas baleiras. Tamén hai unha pequena escola con 4 nenos/as pero que está a piques de pechala. Como conseguirán manter aberta a escola? Que sorpresas haberá?
Lugar: Multiusos, Arcade
SÁBADO 27 DE XUÑO 
Grupo xuvenil 2 (13 a 17 anos)
Obra: “Amores e desamores de Micomicón e Adhelala” ás 21,00 h
Sinopse: o principe Micomicón e a criada Adhelala están namorados pero hai un problema porque Micomicón está prometido con Sindi “Gumersinda” a princesa de Afganistan. Que enredos terán que levar a cabo para que triunfe o amor?
Lugar: Multiusos, Arcade

 


Visto 2455 veces

Escola Municipal de Teatro

Os titulares de Xuventude

Festiflow

19-07-2018 / Xuventude

O venres 3 de agosto a parir das 19.30 h no Peirao de Arcade terá lugar o F3STIFLOW. O Concello de Soutomaior pon en marcha esta nova proposta de lecer...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Obradoiro de ecopercusión para o verán: música e reciclaxe.

03-07-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca un obradoiro de ecopercusión dirixido á mocidade para iniciarse no mundo da percusión partindo de elementos de reciclaxe que se convertirán en instrumentos musicais. Con...