Falta para o escape...

Image

Un malvado trol que habita nas
beiras do rio Verduxo tenvos
atrapados/as nun tempo que
non é o voso …

Atréveste co reto?

7 de xullo de 2018
Os elementos do reto

Pistas, acertixos, crebacabezas,
cofres sen chave,…

Agora, tedes unha oportunidade de escapar porque na praia da Muxeira atopástedes  unha embarcación que vos permitirá navegar ata a guarida do Troll e descubrir o segredo que vos dará a vosa liberdade…
O Troll

O Troll

Troll que habita
nos profundos bosques
das beiras do Verduxo.

O segredo

O segredo

Un segredo que agocha
o misterio das illas
Alvedosas e Medal.
A saída

A saída

Tedes que navegar
por un mar e un río
cheo de sorpresas.

Que fai falla para participar?

Metodoloxía: as persoas inscritas serán divididas en grupos e cada grupo terá que EN KAIAK conseguir rematar o xogo partindo dunha regras que se indicarán antes do inicio.
Requisitos
  • • Maior de 12 anos
  • • Empadroado/a
  • • Saber nadar
  • • Inscrición previa
Percorrido
  • • Praia da Muxeira
  • • Illas Alvedosas e Medal
  • • Praia da Xunqueira
Recomendacións
  • • Calzado pechado que se poida mollar
  • • Roupa de baño
  • • Camiseta
  • • Toalla
  • • Crema solar
  • • Gorro
  • • Roupa para cambiarse
  • • Comida e bebida

Non vai a ser fácil

Porque para chegar á solución final teredes que resolver os misterios das Illas Alvedosas e da Medal e superar moitos retos: pistas, acertixos, crebacabezas, cofres sen chave,… navegando por un mar e un río cheo de sorpresas.

Aceptas o reto?

Si a pesar das advertencias desexades continuar e inscribirvos neste espectacular escapismo en vivo... entón deberedes descifrar a palabra do seguinte enigma, para que se amose o formulario de inscrición.
1
4
6
7
5
2
3
8

Descifra a palabra enigma poñendo en orde as runas celtas; e descobre as 8 letras correspondentes á palabra, comparando cada símbolo co "código celta" (dalle co rato para abaixo).

 1                                           
Inscrición en liña
As prazas son limitadas, teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Consultar resto de condicións na OMIX. No caso de ter problemas coa inscrición en liña, pode facelo na OMIX.

O código das runas celtas

Image