Xoves, 18 Mai 2017 18:29

Prazo aberto a partir do 22 de maio

Encontro da Mocidade San Simón 2017

O Concello de Soutomaior comunica que a partir do día 22 de maio ábrese o prazo para participar no Encontro da Mocidade que se realiza en San Simón en formato campamento intensivo. A temática este ano serán as ARTES ESCÉNICAS. Traballarase por grupos de idades diferentes artes: teatro, música, circo, danzas, improvisación, etc. co obxectivo de que cada grupo cree o seu propio espectáculo. A través de diferentes obradoiros guiados por un/unha director/a de escena os/as participantes poderán explotar todo o seu potencial creando os seus propios guións, elaborando o atrezo que lucirán na gala final e descubrindo todos os platós naturais que a Illa de San Simón e San Antonio lles ofrecen.

Os obxectivos desta actividade de lecer e tempo libre son:  promover un espazo de encontro para a mocidade onde as actividades lúdicas e  educativas reforcen valores como a convivencia, o respecto, a tolerancia e a igualdade.

Este ano amplíase o número de prazas a 50 para que poidan participar un maior número de mozos e mozas debido á alta demanda que amosan os mozos e mozas tralas avaliacións positivas acadados no ano anterior.

Prazas: mínimo 25 máximo 50

Datas:21,22,23,24 de agosto (4 días/3 pernoctas)

As persoas interesadas terán que anotarse na OMIX desde o día 22 de maio ata 30 de xuño ou ata cubrir prazas. As prazas cubriranse por orde de inscrición.

Haberá que realizar o pago previamente no banco e entregar o resgardo xunto co resto de documentación no momento da inscrición. As persoas interesadas poden informarse na OMIX ou descargar a información colgada na web www.soutomaior.com no apartado de Xuventude.

 


Publicado en Encontro da Mocidade
Visto 1159 veces