Venres, 21 Outubro 2016 19:55

Entrega de fotos Encontro Mocidade 2016

San Simon 2016Este Encontro que ten un formato campamento ten como finalidade promover un espazo de interacción e convivencia para a mocidade onde a través dunha ampla programación de actividades lúdicas e  educativas reforzan  valores como a convivencia, o respecto, etc. O fío conductor deste ano  foi a riqueza cultural da Illa e arredores onde a través dunha viaxe inesperada mediante unha "máquina do tempo" puideron achegarse a diferentes momentos históricos de San Simón e entorno.

Durante a entrega os mozos e mozas ademais de cubrir o cuestionario de avaliación, aproveitaron a presencia do Alcalde para intercambiar con él as súas opinións sobre a actividade e comentar propostas e ideas sobre novas actividades.

 


Publicado en Encontro da Mocidade
Visto 4017 veces