Mércores, 13 Abril 2016 13:49

Encontro da mocidade: San Simón 2016, unha viaxe inesperada

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior informa que xa está aberto o prazo de inscrición para participar no  Encontro da Mocidade organizado para este anon 2016 en San Simón. Este ano o encontro leva por título " San Simón 2016: unha viaxe inesperada"

O obxectivo desta actividade é o de promover un espazo de encontro para a mocidade onde as actividades lúdicas e  educativas reforzarán valores como a convivencia, o respecto, etc.

Descrición: o formado desta actividade será o de campamento de aventura onde a máquina do tempo nos levará a percorrer o mundo e os seus lugares máis recónditos. Que misterios nos agardarán nesta Illa con tanta historia? .

  • Destinatarios/as: 12 a 17 anos
  • Datas e horario: 23,24,25,26 de agosto
  • Lugar: Illa de San Simón
  • Custe: 35€ empadroados/as; 130€ non empadroados/as. Inclúe: actividades, material, personal titulado, pernoca en instalación Stella Maris na Illa, manutención completa, seguridade.
  • Prazo de inscrición: na OMIX ata 15 de xullo ou ata cubrir prazas (mínimo 25 e máximo 30 prazas).

Publicado en Encontro da Mocidade
Visto 1749 veces